Lunes, 16 de marzo de 2009

C.B.Caselas (66):  David (17), Mili (2), Rubén (9), Igor (10) e Juan (24). QUINTETO. Iago (1) e Víctor (3).
Parciais:  16-21 / 26-7 / 24-21 / 19-17.
Incidencias:  Derradeira xornada da primeira fase de liga no Complexo Deportivo de Caixanova, en Nigrán. Non xogaron Javi, lesionado no seu nocello, e Toni, por motivos laborais.

Meritorio e traballado partido do Caselas, que pese as baixas plantou cara ao Ureca cun equipo de "baixiños".
As baixas de Yanko, Javi e Toni, uniuselle a do pivot Víctor, que xogou só uns minutos o resentirse do seu nocello, e David, que a pesar de lesionarse, poido continuar. Sen todos estes homes altos, os de Jose Luis deron a cara cun xogo rápido -Juan, 24 puntos- e cunha defensa presionante 2-2-1 que puxo en apuros en moitos momentos os experimentados xogadores de Nigrán.
Só no segundo periodo, froito da relaxación, os locais conseguiron marcar a diferencia con parcial de 26-7, nun partido bonito e entretido que debe subir a moral aos nosos de cara ao play off.


CATEGORÍAS BASE

Infantil Masc:  BAIONA 56 CASELAS 8
Infantil Fem:  AIREXA NIGRÁN 41 CASELAS 33
Alevín Mixto:  MARISTAS CELTA 40 CASELAS 10
Benxamín Mixto:  SALESIANOS 30 CASELAS 34


Publicado por cbcaselas @ 23:50  | CRONICAS