Martes, 10 de marzo de 2009

C.B.CASELAS 59 AIREXA NIGRÁN 67

C.B.Caselas (59):  Toni (5), Víctor (10), Rubén (0), Igor (3) e Juan (17). QUINTETO. Javi (4), David (20), Mili (0) e Iago (0).
Parciais:  19-21 / 17-13 / 10-20 / 13-13.
Incidencias:  Arredor de medio centenar de espectadores no Pavillón de Salceda na soleada tarde do domingo. O xogador Javi non poido rematar o partido por mor dunha lesión no nocello.
Juan tenta meter un balón interior a Javi
As perdas puntuais de balón nos derradeiros minutos do choque (55-56 por entón no electrónico) deixaron ao Caselas ás portas dun triunfo polo que os xovencísimos xogadores de Jose Luis loitaron ata o final. A elo temos que unir outros erros que pesaron demasiado, coma os despistes defensivos, as canastas fáciles ou o tiro libre: 12 de 24. Pero tamén que non soubemos parar ao base nº7 dos do Val Miñor Pablo, que con 36 puntos foi o protagonista do encontro, aproveitanto a súa velocidade no contrataque.
O equipo deu unha imaxe moi diferente a dos últimos partidos, xogando con gañas, intensidade e sobre todo moi conscientes de que podía chegar a segunda victoria.
A falla de unha xornada para o fin da liga o vindeiro fin de semana en Nigrán na cancha do URECA, o Caselas espera rival para o play off de permanencia que saldrá entre o propio Airexa, Mos ou S.José La Guía.

CATEGORÍAS BASE

Infantil Fem:  EMBRUJO CÉLTICO 61 CASELAS 17
Benxamín Mixto:  CASELAS 29 C.MARIANO 23


Publicado por cbcaselas @ 0:02  | CRONICAS