C.B.Caselas (36): David (8), Toni (4), Juan (8), Víctor (6), Rubén (0). QUINTETO. Mili (4), Iago (0) e Igor (6).
Incidencias: Partido xogado o martes 3 de marzo as 21:30 h no Pavillón Oscar Pereiro de Mos, con flouxa entrada.
A forte saída do Caselas foi só un espexismo, pois rapidamente os locais recuperaron o mando no marcador, pese que os nosos aguantaron ata o descanso: 27-23.
No segunda parte o partido non tivo historia para o Caselas, que erraba ataque tras ataque, sen lanzamento exterior e imprecisións, facendo que o Mos, sen facer un bo partido, se levara con claridade un derbi moi deslucido.
Sinalar as baixas de Javi (lesionado nun pé) e a consabida de Yanko, que continúa lenta pero favorablemente a recuperación.