Domingo, 01 de marzo de 2009

C.B.Caselas (49):  Javier (6), Víctor (4), Rubén (5), Igor (7) e Juan (4). QUINTETO. David (20), Toni (0), Mili (3) e Iago (0).
Parciais:  1ºC: 16-19   2ºC: 4-13   3ºC: 17-21   4ºC: 12-14
Incidencias:  Noite do xoves no Pavillón de Salceda cunha treintena de afecionados. Debutou no Caselas David, que tivo unha boa actuación.

Dende o principio do partido intuíase que ao noso equipo non lle saían as cousas, e, en efecto, así foi. O Caselas estivo frouxo en defensa e impreciso en ataque perante un equipo veterano que non demostrou nada especial (queda moi lonxe de aquel Xuventude de outros anos) e que se valeu das triplas do seu base Julio Teijeira e o xogo interior do pivot de 2,05 Johnny Lamas, ambos con experiencia en equipos nacionales.
Non funcionou o xogo en ningún concepto e así é imposible gañar, aínda que nos acercásemos a 12 puntos no periodo final. Como dato positivo sinalar as canastas ao contraataque, nos momentos que tentamos correr, e o bó debut do xoven David, que con 20 puntos foi o mellor do Caselas.
Recordamos que o vindeiro Martes 3 Marzo as 21:30 horas no Pavillón Óscar Pereiro de Mos, partido da 16ª xornada: C.B.Mos - C.B.Caselas.

CATEGORÍAS BASE


Infantil Fem:  CASELAS 42 CALASANCIAS 25
Infantil Masc:  CASELAS 18 MARIANO 68
Alevín Mixto:  CASELAS 32 CARMELITAS 49
Benxamín Mixto:  CASELAS - S.JOSÉ LA GUÍA (aplazado)
COMPAÑÍA MARÍA VIGO   CASELAS

As imaxes corresponden ao tempo morto do partidiño que xogaron entre eles os Benxamíns, e o Alevín Mixto Caselas-Carmelitas.


Publicado por cbcaselas @ 23:43  | CRONICAS