Mi?rcoles, 25 de febrero de 2009

Remata o Entroido -que forte este ano en Salceda!- e voltamos con nada menos que sete partidos para tódolos gustos -cinco deles no pavillón-.
O Senior xoga o aplazado da semana pasada perante o Xuventude este xoves 26. Aínda que o horario é pouco habitual, vos esperamos por alí. E o martes 3 de marzo novo partido en casa do C.B.Mos.
Nas Categorías base, destacar a doble xornada para os Benxamíns -sábado e domingo-.

Senior Masc:  
CASELAS - XUVENTUDE VIGO

Xoves 26 / 21:30 / Pavillón de Salceda.
MOS - CASELAS
Martes 3 / 21:30 / Pavillón Óscar Pereiro de Mos.
Infantil Masc:  CASELAS - C.MARIANO VIGO
Sábado 28 / 10:00 / Pavillón de Salceda.
Infantil Fem:  CASELAS - CALASANCIAS VIGO
Sábado 28 / 16:00 / Pavillón de Salceda.
Alevín Mixto:  CASELAS - CARMELITAS VIGO
Sábado 28 / 12:30 / Pavillón de Salceda.
Benxamín Mixto: Doble Xornada:
CASELAS - S.JOSÉ DE PRAGA (VIGO)
Sábado 28 / 11:15 / Pavillón de Salceda.
COMPAÑÍA MARÍA VIGO - CASELAS
Domingo 1 / 12:00 / Colexio Cía.María Vigo / Saída 10:45.


Publicado por cbcaselas @ 12:59

O equipo senior do C.B.Caselas fichou a David Gallardo, un base de 18 anos e 1,91 m que xogou na tempada pasada no Compañía de María de Vigo na Liga Galega junior. Leva unha semana entrenando en Salceda e pola súa altura pode incluso axudar noutras posicións. Dende a directiva agradecemos a confianza e dispoñibilidade do xogador cara o noso proxecto.
Por outro lado, anunciar as baixas de Mateo Pereiro e Aitor Martínez, que decidiron eles mesmos non continuar por non poder asistir aos entrenos debido a motivos académicos. A decisión foi respetada e aceptada polo clube, que agradece a súa seriedade e entrega nesta etapa na que estiveron con nós.


Publicado por cbcaselas @ 12:34
Domingo, 22 de febrero de 2009

Infórmase a tódolos xogadores/-as que os entrenos continúan con normalidade nas festas do Entroido para tódalas categorías, incluído o Luns 23 de febreiro.


Publicado por cbcaselas @ 0:19
Viernes, 20 de febrero de 2009
A día de hoxe venres 20 recibiamos a nova do Xuventude de Vigo de que non podían vir a xogar a Salceda o partido previsto para sábado 21 as 18:00 horas, ao dispoñer de tan só 3 xogadores -recordemos que o regulamento obriga a dispoñer de 5 xogadores para comezar un partido-.
Directiva e entrenador reaccionaron rapidamente, e acordaron co representante do Xuventude en xogalo -se non surxe nada- o vindeiro xoves 26 de febreiro as 21:30 no Pavillón de Salceda.

Publicado por cbcaselas @ 22:40
Mi?rcoles, 18 de febrero de 2009
Senior Masc:   C.B.CASELAS - XUVENTUDE VIGO
Sábado 21 / 6 da tarde / Pavillón de Salceda.


Sábado de entroido en Salceda e co senior como único equipo que xoga.
As demáis categorías do clube descansan nesta xornada.
Así que, xa sabedes! pasádevos polo pavillón e disfrutade dunha boa tarde de baloncesto.

Publicado por cbcaselas @ 22:42
A Delegación en Vigo xa coñece as datas para o seu curso de Iniciación da Escola Galega de Adestradores.

Estas datas sinaladas son o 22 de febreiro, e os días 1, 8 e 15 de marzo. Así mesmo, a sede do curso será o pavillón municipal de Porriño que acollerá as clases en horario de 9:30 a 20:00 h. 


Información Básica
Este curso ten carácter FEDERATIVO, se ben se levarán a cabo os trámites pertinentes para obter a súa aprobación administrativa e que sexa revalidado como parte do Curso Inicial de Grado Medio.

Para a superación deste curso é IMPRESCINDIBLE a presenza física do alumno, superar as diferentes probas de cualificación que se realicen en cada materia, así como presentar satisfactoriamente os traballos que se soliciten por parte do profesorado.


OS INTERESADOS PODEN ANOTARSE ATA VENRES 20 DE FEBREIRO NA DELEGACIÓN VIGUESA DE BALONCESTO (Tfno.986.228362).


Publicado por cbcaselas @ 9:46
Martes, 17 de febrero de 2009

C.B.Caselas (45):  Javi (11), Víctor (12), Rubén (6), Igor (6) e Juan (2). QUINTETO. Toni (4), Mili (0) e Iago (4).
Incidencias:  Tarde noite do sábado no Pavillón de Deportes de Baiona. O noso xogador Igor sufriu un forte golpe no xeonllo cara o final do partido e xa non poido continuar.
Parciais:  14-11 / 23-10 / 12-10 / 21-14

Non mereceu o Caselas unha derrota tan abultada nun encontro onde defendemos todo o partido en individual a pesar de ser só 8 xogadores (7 cara o final coa lesión de Igor, que esperemos que quede nun susto).
A maior profundidade de banquiño dos do Val Miñor, permitía moitas rotacións, que facían que se foran escapando pouco a pouco no electrónico, sobre todo no segundo cuarto cun parcial de 23-10 (37-21 ao descanso).
O Caselas seguiu traballando, con ataques ben elaborados, e plantou cara ata o final. Lástima esas canastas de dous erradas en boas posicións que houberan acortado máis a diferenza, sen discutir a xusta victoria do Baiona.
Na vindeira xornada -sábado de entroido- recibimos en Salceda ao Xuventude de Vigo. Se non hai novidade, o partido será as 6 da tarde.

CATEGORÍAS BASE

Infantil Fem:  LOS SAUCES 32 CASELAS 34

Benxamín Mixto: 
CASELAS 23 APÓSTOL DE VIGO 31


Publicado por cbcaselas @ 0:00  | CRONICAS
Mi?rcoles, 11 de febrero de 2009

Senior Masc:  BAIONA - CASELAS
Sábado 14 / 20:00 / Pavillón de Baiona.
Infantil Masc:  (DESCANSO)

Infantil Fem:  LOS SAUCES - CASELAS
Sábado 14 / 13:00 / Colexio Los Sauces de Vigo / Saída 11:45
Alevín Mixto:  ANDERSEN - CASELAS
Aprazado a petición do Caselas.
Benxamín Mixto:  CASELAS - APÓSTOL (VIGO)
Sábado 14 / 11:30 / Pavillón de Salceda.


Publicado por cbcaselas @ 22:42
Lunes, 09 de febrero de 2009

KEN SHOP 101  C.B.CASELAS 48

C.B.Caselas (48): 
Javi (3), Mateo (6), Rubén (0), Igor (5), Juan (9). QUINTETO. Aitor (2), Toni (20), Mili (2) e Iago (1).
Incidencias:  Tarde de domingo no Pavillón da Universidade de Vigo, unha magnífica instalación que sen embargo presentaba un parquet perigoso debido a condensación.

O partido do domingo non tivo historia e o líder Ken Shop foi superior ao colista Caselas de principio a fin, co dato negativo do esguince do noso base Rubén ao inicio do partido. A cancha estaba resbaladiza pola condensacion e parece que os nosos xogadores o acusaron mais ca eles. Coa baixa de Víctor afrontamos un encontro perante un rival que é o mellor da categoría cando están todos, e onte así sucedeu, incluído, por si fora pouco, o novo xogador de cor, dunha calidade parella ao seu equipo. Con este panorama, os de Jose Luis pouco poideron facer e afrontaron o choque sen maior presión.
Destacar tamén o debut, despois de varios meses por lesión, de Mili.

CATEGORÍAS BASE
Infantil Masc:  CASELAS 45  DIVINO SALVADOR 39
Infantil Fem:  CASELAS 30  SEIS DO NADAL COIA "B" 49
Alevín Mixto:  CASTRO S.MIGUEL 15  CASELAS 65
Benxamín Mixto:  CARMELITAS 37  CASELAS 15


Publicado por cbcaselas @ 23:19  | CRONICAS

O temporal voltou a xogarnos unha mala pasada, polo que hoxe Luns 9 de Febreiro se SUSPENDEN, por orde do Concello, tódolos entrenos de baloncesto.


Publicado por cbcaselas @ 16:33
Mi?rcoles, 04 de febrero de 2009

Senior Masc:  KEN SHOP - CASELAS
Domingo 8 / 18:00 / Pavillón Universitario de Vigo (CUVI).
Infantil Masc:  CASELAS - DIVINO SALVADOR
Sábado 7 / 10:00 / Pavillón de Salceda.
Infantil Fem:  CASELAS -SEIS DO NADAL COIA "B"
Sábado 7 / 11:30 / Pavillón de Salceda.
Alevín Mixto:  CASTRO SAN MIGUEL - CASELAS
Sábado 7 / 12:00 / Colexio S.Miguel 2 de Vigo / Saída 10:45.
Benxamín Mixto:  CARMELITAS - CASELAS
Sábado 7 / 12:30 / Colexio Carmelitas de Vigo / Saída 11:00.


Publicado por cbcaselas @ 23:21

Finalmente non se recuperará o 19 de marzo como se comunicara nun principio nesta web.
A Delegación Viguesa de Baloncesto dictou unhas bases para recuperar esa xornada aprazada polo temporal e que son as seguintes no que afecta aos nosos cinco esquipos:

SENIOR MASCULINO DIVISION A
Retrásase unha xornada sobre o calendario establecido, xogándose polo tanto a xornada 13 do 01/02/09 no fin de semana seguinte (08/01/09), e así sucesivamente, finalizando o 15/03/09. Elo implica que as semifinais xogaranse o 19 de marzo e o fin de semana do 22 de marzo. En caso de que o equipo locatario (4º-1º, 3º-2º) non puidera por falta de pista xogar a ida o 19 de marzo, ida e volta da mesma xogaríanse 21-22 de marzo respectivamente.
Os encontros polo descenso(10º-7º, 9º-8º) xogaránse os fins de semana do 22 e 29 de marzo.

INFANTIL MASCULINO DIV-B
Retrásase unha xornada sobre o calendario establecido, xogándose polo tanto a xornada 2 do 01/02/09 no fin de semana seguinte (08/01/09) e asi sucesivamente, mantendo a data do 22/02/09 sen xornada, co cal finalizará esta fase o 26/04/09.
As semifinais disputaránse  a ida o 09/05 e a volta o 10/05. Se os equipos participantes poñense de acordo poderán adiantar o partido de ida o anterior fin de semana ou xogar entre semana.


INFANTIL FEMININA DIV-B
Retrásase unha xornada sobre o calendario establecido, xogándose polo tanto a xornada 2 do 01/02/09 no fin de semana seguinte (08/02/09) e asi sucesivamente, mantendo a data do 22/02/09 sen xornada. A xornada 10 con data de xogo o fin de semana do 19/04/09 xogarase o día 25/04/09 e a xornada 11 o día 26/04/09, establecéndose dobre xornada neste fin de semana para poder manter o calendario vigente a continuación.

ALEVIN MIXTO
Esta é a única categoría no que o calendario continúa exactamente igual. Os encontros aplazados ou suspendidos pola chuvia recuperaranse o antes posible.

BENXAMIN MIXTO
Retrásase unha xornada sobre o calendario establecido
, xogándose polo tanto a xornada 8 do 01/02/09 no fin de semana seguinte (08/02/09). A xornada 9 prevista para o fin de semana do 08/02/09, no fin de semana seguínte (15/02/09), deixando libre o fin de semana previsto do 22/02/09, e xogandose o día 28/02/09 a xornada 10 e o día 01/03/09 a xornada 11, polo cal o resto do calendario mantense nas datas previstas.


É IMPORTANTE QUE TÓDOLOS PAIS/NAIS/XOGADORES-AS  ESTEADES ENTERADOS DESTES CAMBIOS.


Publicado por cbcaselas @ 23:04
Domingo, 01 de febrero de 2009

Recibimos o seguinte escrito da Delegación Viguesa de Baloncesto invitando a todos os que desexen a facerse árbitros e oficiais de mesa:

CURSO DE INICIACION - ARBITROS: 3,9,10,11,12,13,17,18 Y 24 DE FEBRERO

 3 DE FEBRERO
LUGAR: COLEGIO SAN JOSÉ DE LA GUÍA
HORARIO: 19:00 - 21:00
CONTENIDO: REUNIÓN EXPLICATIVA Y 1º SESIÓN DE FORMACIÓN EN PISTA
 9 DE FEBRERO
LUGAR: CASA DO DEPORTE
HORARIO: 20:00 - 22:30
CONTENIDO: FUNCIONES DEL ANOTADOR
 10 DE FEBRERO
LUGAR: COLEGIO SAN JOSÉ DE LA GUÍA
HORARIO: 19:00 - 21:00
CONTENIDO: 2º SESIÓN DE FORMACIÓN EN PISTA
 11 DE FEBRERO
LUGAR: CASA DO DEPORTE
HORARIO: 20:00 - 22:30
CONTENIDO: FUNCIONES DEL CRONOMETRADOR Y OPERADOR DE 24 SEGUNDOS
 12 DE FEBRERO
LUGAR: LOCAL DE LA DVB/CVAB
HORARIO: 20:00 - 22:00
CONTENIDO: ORGANIZACION Y FUNCIONAMIENTO DEL COMITE. BASES DE COMPETICION
13 DE FEBRERO
LUGAR: LOCAL DE LA DVB/CVAB
HORARIO: 20:00 - 22:00
CONTENIDO: REGLAS DE JUEGO
 17 DE FEBRERO
LUGAR: COLEGIO SAN JOSÉ DE LA GUÍA
HORARIO: 19:00 - 21:00
CONTENIDO: 3º SESIÓN DE FORMACIÓN EN PISTA
 18 DE FEBRERO
LUGAR: CASA DO DEPORTE
HORARIO: 20:00 - 22:30
CONTENIDO: REGLAS DE JUEGO. PSICOLOGIA ARBITRAL
 24 DE FEBRERO
LUGAR: COLEGIO SAN JOSÉ DE LA GUÍA
HORARIO: 19:00 - 21:00
CONTENIDO: EXAMEN DE ARBITRO
 
CURSO DE INICIACIÓN - OFICIALES DE MESA: 9,11,12 Y 16 DE FEBRERO 
9 DE FEBRERO
LUGAR: CASA DO DEPORTE
HORARIO: 20:00 - 22:30
CONTENIDO: FUNCIONES DEL ANOTADOR
11 DE FEBRERO
LUGAR: CASA DO DEPORTE
HORARIO: 20:00 - 22:30
CONTENIDO: FUNCIONES DEL CRONOMETRADOR Y OPERADOR DE 24 SEGUNDOS
 12 DE FEBRERO
LUGAR: LOCAL DE LA DVB/CVAB
HORARIO: 20:00 - 22:00
CONTENIDO: ORGANIZACION Y FUNCIONAMIENTO DEL COMITE. BASES DE COMPETICION
16 DE FEBRERO
LUGAR: CASA DO DEPORTE
HORARIO: 20:00 - 22:30
CONTENIDO: EXAMEN DE OFICIAL DE MESA

 MIGUEL RAMIL

Secretaría

C.V.A.B.

Telf..  626 613 226


Publicado por cbcaselas @ 17:46