Martes, 17 de febrero de 2009

C.B.Caselas (45):  Javi (11), Víctor (12), Rubén (6), Igor (6) e Juan (2). QUINTETO. Toni (4), Mili (0) e Iago (4).
Incidencias:  Tarde noite do sábado no Pavillón de Deportes de Baiona. O noso xogador Igor sufriu un forte golpe no xeonllo cara o final do partido e xa non poido continuar.
Parciais:  14-11 / 23-10 / 12-10 / 21-14

Non mereceu o Caselas unha derrota tan abultada nun encontro onde defendemos todo o partido en individual a pesar de ser só 8 xogadores (7 cara o final coa lesión de Igor, que esperemos que quede nun susto).
A maior profundidade de banquiño dos do Val Miñor, permitía moitas rotacións, que facían que se foran escapando pouco a pouco no electrónico, sobre todo no segundo cuarto cun parcial de 23-10 (37-21 ao descanso).
O Caselas seguiu traballando, con ataques ben elaborados, e plantou cara ata o final. Lástima esas canastas de dous erradas en boas posicións que houberan acortado máis a diferenza, sen discutir a xusta victoria do Baiona.
Na vindeira xornada -sábado de entroido- recibimos en Salceda ao Xuventude de Vigo. Se non hai novidade, o partido será as 6 da tarde.

CATEGORÍAS BASE

Infantil Fem:  LOS SAUCES 32 CASELAS 34

Benxamín Mixto: 
CASELAS 23 APÓSTOL DE VIGO 31


Publicado por cbcaselas @ 0:00  | CRONICAS