Lunes, 09 de febrero de 2009

KEN SHOP 101  C.B.CASELAS 48

C.B.Caselas (48): 
Javi (3), Mateo (6), Rubén (0), Igor (5), Juan (9). QUINTETO. Aitor (2), Toni (20), Mili (2) e Iago (1).
Incidencias:  Tarde de domingo no Pavillón da Universidade de Vigo, unha magnífica instalación que sen embargo presentaba un parquet perigoso debido a condensación.

O partido do domingo non tivo historia e o líder Ken Shop foi superior ao colista Caselas de principio a fin, co dato negativo do esguince do noso base Rubén ao inicio do partido. A cancha estaba resbaladiza pola condensacion e parece que os nosos xogadores o acusaron mais ca eles. Coa baixa de Víctor afrontamos un encontro perante un rival que é o mellor da categoría cando están todos, e onte así sucedeu, incluído, por si fora pouco, o novo xogador de cor, dunha calidade parella ao seu equipo. Con este panorama, os de Jose Luis pouco poideron facer e afrontaron o choque sen maior presión.
Destacar tamén o debut, despois de varios meses por lesión, de Mili.

CATEGORÍAS BASE
Infantil Masc:  CASELAS 45  DIVINO SALVADOR 39
Infantil Fem:  CASELAS 30  SEIS DO NADAL COIA "B" 49
Alevín Mixto:  CASTRO S.MIGUEL 15  CASELAS 65
Benxamín Mixto:  CARMELITAS 37  CASELAS 15


Publicado por cbcaselas @ 23:19  | CRONICAS