KEN SHOP 101 C.B.CASELAS 48
C.B.Caselas (48): Javi (3), Mateo (6), Rubén (0), Igor (5), Juan (9). QUINTETO. Aitor (2), Toni (20), Mili (2) e Iago (1).
Incidencias: Tarde de domingo no Pavillón da Universidade de Vigo, unha magnífica instalación que sen embargo presentaba un parquet perigoso debido a condensación.
O partido do domingo non tivo historia e o líder Ken Shop foi superior ao colista Caselas de principio a fin, co dato negativo do esguince do noso base Rubén ao inicio do partido. A cancha estaba resbaladiza pola condensacion e parece que os nosos xogadores o acusaron
mais ca eles. Coa baixa de Víctor afrontamos un encontro perante un rival que é o mellor da categoría cando están todos, e onte así sucedeu, incluído, por si fora pouco, o novo xogador de cor, dunha calidade parella ao seu equipo. Con este panorama, os de Jose Luis pouco poideron facer e afrontaron o choque sen maior presión.
Destacar tamén o debut, despois de varios meses por lesión, de Mili.
CATEGORÍAS BASE
Infantil Masc: CASELAS 45 DIVINO SALVADOR 39
Infantil Fem: CASELAS 30 SEIS DO NADAL COIA "B" 49
Alevín Mixto: CASTRO S.MIGUEL 15 CASELAS 65
Benxamín Mixto: CARMELITAS 37 CASELAS 15