Viernes, 30 de enero de 2009
Tódolos partidos da Federación Galega de Baloncesto (dende Senior ata Benxamín) quedan suspendidos este fin de semana do 31 de xaneiro e 1 de febreiro por mor dun temporal que afectará a Galicia este sábado. A decisión foi tomada pola federación logo de oir as instruccións dadas pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia de suspender tódolos partidos do deporte base galego.
Esta xornada recuperarase o Xoves 19 de Marzo, segundo o comunicado recibido no noso clube.

Publicado por cbcaselas @ 9:35
Mi?rcoles, 28 de enero de 2009

Senior Masc:  KEN SHOP - CASELAS
Sábado 31 / 18:00 / Pavillón Universitario de Vigo (CUVI).
Infantil Masc:  DIVINO SALVADOR - CASELAS
Sábado 31 / 10:00 / Pavillón de Salceda.
(Este partido debía xogarse en Vigo, pero cambiouse de orde)
Infantil Fem:  CASELAS - SEIS DO NADAL "B"
Sábado 31 / 11:30 / Pavillón de Salceda.
Alevín Mixto:  (DESCANSO).
Benxamín Mixto:  CARMELITAS - CASELAS
Pendente de confirmar horario.


Publicado por cbcaselas @ 23:22
Martes, 27 de enero de 2009

C.B.Caselas (65):  Javi (10), Víctor (7), Rubén (12), Igor (6) e Juan (14). QUINTETO. Toni (9), Mateo (7) e Iago (0).
Parciais:  12-17 / 10-23 / 19-20 / 24-34.
Incidencias:  Entrada habitual no Pavillón de Deportes de Salceda. Preto de medio centenar de espectadores.

A pesares do que poida parecer polo resultado, o Caselas xogou un partido máis que aceptable, coa máxima anotación da tempada -xunto co partido da semana pasada na Guía-.
A clave do partido estivo no grande acerto dende a liña de 6,25 dos da terra das ostras, onde conseguiron 39 puntos (13 triplas) por ningunha nosa. O resto do partido foi igualado, co Caselas colista tratando ao colíder de tú a tú, cun xogo de equipo vistoso e fluído que vai mellorando e boa aportación de tódolos xogadores.
O Arcade fíxose co mando do marcador dende o principio e xa sentenciaba no descanso con 22-40. No segundo tempo o Caselas conseguía reducir as ventaxas, pero nos minutos finais os visitantes maquillaron o resultado con cinco triplas practicamente seguidas que deixaron un resultado creemos un tanto enganoso para os méritos do Caselas.
Como dato, destacar as poucas faltas dos dous equipos: 12 dos nosos por 13 o Arcade e sen eliminados.

CATEGORÍAS BASE

O máis destacado foi a brillante victoria do Infantil Feminino en Vigo perante o Maristas Celta por 41-46 na primeira xornada da Liga Zonal División "B". Parecía imposible cando a falla de 3 minutos gañaban as viguesas por 39-31. Un forte defensa individual coincidindo coa eliminación por faltas de varias xogadoras do Maristas, levounos a un parcial de 2-15 e a celebración por todo o alto das nosas, nun encontro que dominaron ata o terceiro cuarto.
C.B.Caselas EDM.(46):  Nerea (2), Tamara (21), Yoli (0), Eva (10) e Lara (0). QUINTETO. Laura Fernández (6), Andrea (3), Cynthia (0), Laura Guerrero (0), Blanca (2) e Carla (2).

O Infantil Masculino tamén se estrenou na Liga Zonal División "B" con derrota clara en Salceda co Baiona por 16-63.
O Alevín Mixto non xogou o partido o non presentarse a xogar en Salceda o Divino Salvador de Coruxo. A Federación polo tanto nos dará o partido por gañado.
O Benxamín Mixto perdeu en Coia con Seis do Nadal "B" masculino por 43-16.


Publicado por cbcaselas @ 0:23  | CRONICAS
Mi?rcoles, 21 de enero de 2009

Senior Masc:  CASELAS - ARCADE
Sábado 24 / 18:00 / Pavillón de Salceda.
Infantil Masc:  CASELAS - BAIONA
Pendende de fixar horario a petición de Baiona.
Infantil Fem:  MARISTAS CELTA - CASELAS
Sábado 24 / 10:00 / Colexio Maristas de Vigo / Saída 9:00.
Alevín Mixto:  CASELAS - DIVINO SALVADOR
Sábado 24 / 12:00 / Pavillón de Salceda.
Benxamín Mixto:  SEIS DO NADAL "B" - CASELAS
Sábado 24 / 12:00 / Colexio Seis do Nadal (Coia-Vigo) / Saída 10:30.


Publicado por cbcaselas @ 23:31
Martes, 20 de enero de 2009

C.B.Caselas (65):  Mateo (1), Víctor (8), Rubén (7), Igor (18), Juan (12). QUINTETO. Javi (8), Aitor (2), Toni (7) e Iago (2).
Parciais:  22-21 / 15-12 / 16-15 / 18-17.
Incidencias:  Tarde de sábado no pavillón do colexio S.J.La Guía. Varios afecionados do Caselas na grada.

Faltoulle ao Caselas esa pizca de bó xogo para levarse a victoria. Os nosos xogaron un encontro moi aceptable nunha cancha moi difícil, reaccionando cada vez que os da Guía tentaban escaparse e con curtas ventaxas para uns e outros durante a primeira metade, que remata con 37-33.
Na continuación, o Caselas seguía a facer un xogo vistoso con gran aportación dos aleiros que anotaban en penetracións (30 puntos entre Igor e Juan), xa que no lanzamento de lonxe non tiñamos o día (1 de 8 en triplas). Os locais distanciaronse a 10 puntos hacia no cuarto final froito duns erros ofensivos que tal vez se pagaron caros pola nosa parte.
Sinalar os sustos dados polo pivot Víctor, que forzou o nocello nos primeiros minutos pero que poido continuar, e o base Rubén, que rematou con molestias nun xemelgo.

CATEGORÍAS BASE:  ALEVÍN MIXTO
COMPAÑÍA MARÍA VIGO 29  C.B.CASELAS EDM 63


Publicado por cbcaselas @ 0:01  | CRONICAS
Mi?rcoles, 14 de enero de 2009

Senior Masc:  S.JOSÉ DE LA GUÍA - CASELAS
Sábado 17 / 17:00 / Colexio S.José de La Guía -Vigo.
Alevín Mixto:  COMPAÑÍA MARÍA - CASELAS
Sábado 17 / 12:00 / Colexio Compañía de María -Vigo / Saída 10:30.

O resto de equipos descansan nesta xornada.


Publicado por cbcaselas @ 23:23
Lunes, 12 de enero de 2009

C.B.Caselas (43):  Javi (0), Víctor (2), Rubén (17), Igor (10) e Juan (7). QUINTETO. Aitor (0), Toni (6), Raúl (0), Iago (1).
Parciais:  12-15 / 10-20 / 5-26 / 15-15
Incidencias:  Algo máis de medio centenar de afecionados no Pavillón de Deportes de Salceda. Gardouse un minuto de silencio polo falecemento o día 2 de xaneiro do xogador do Oh!Vigo Israel Alvarez. Dende esta páxina manifestamos o noso máis sincero pésame aos seus achegados.

Un equipo que anota 13 canastas de 46 intentos en tiros de dous nunca gañará un partido nesta categoría. E isto lle sucedeu ao Caselas, que se atopou cun equipo de homes moi altos -tal vez o equipo máis alto da liga- e que intimidaban e obligaban aos nosos a facer entradas e tiros forzados.
Saíron os de Jose Luis con gañas e boas intencións, con ataques máis ou menos fluídos e intentando xogar cos pivots. Marcador de 22-35 ao descanso.
O encontro rompeuse definitivamente no terceiro cuarto, coincidindo coa entrada en pista dos nosos xogadores de banquiño que deron relevo a un quinteto moi cansado. O elocuente parcial de 5-26 fala por sí só a pesar do empeño dos nosos xovencísimos xogadores perante as torres visitantes que dominaban tódalas facetas.
No cuarto final miráronse os mellores minutos do Caselas froito do contrataque e velocidade, pero co partido xa resolto.


CATEGORÍAS BASE
Os Alevíns e Benxamíns xogaron en Salceda dous partidos non aptos para cardiacos e que caeron finalmente do noso lado.
O Alevín Mixto de Carlos, que empataba a 37 co S.José de La Guía no derradeiro minuto, acabou gañando por 40-37 grazas a un tiro libre de Noelia e dous definitivos de Carlos, que tivo a suficiente serenidade para transformarlos.
Máis emoción imposible no Benxamín Mixto de Rubén e Natalia perante o Salesianos de Vigo. Empate a 23 ao remate do tempo regulamentario nun partido con moitas imprecisións, pero coa emoción do marcador. Na prórroga de 5 minutos, pesoulle a responsabilidade aos xogadores de ambos equipos e cando parecía que nadie anotaba, chegou a canasta limpa de Fabiola sobre a bocina que deixou o 25-23 para o Caselas.


Publicado por cbcaselas @ 23:31  | CRONICAS
S?bado, 10 de enero de 2009
"BIGOTIÑOS" foi o nome da nosa mascota elexido polas nosas categorías base. Logo dunha reñidísima votación onde participaron 45 xogadores/as, este nome foi o que acadou maior número de votos.
Damos a benvida como membro do clube a este particular gato baloncestista.

Publicado por cbcaselas @ 9:00
Mi?rcoles, 07 de enero de 2009

Abrimos un novo ano cos nosos equipos xogando todos na casa o sábado. Os Infantiles masculino e feminino están a espera do inicio da Copa FGB.

Senior Masc:  CASELAS - OH!VIGO
Sábado 10 / 18:00 / Pavillón de Salceda.
Alevín Mixto:  CASELAS - SAN JOSÉ DE LA GUÍA
Sábado 10 / 10:30 / Pavillón de Salceda.
Benxamín Mixto:  CASELAS - SALESIANOS VIGO FEM.
Sábado 10 / 12:00 / Pavillón de Salceda.


Publicado por cbcaselas @ 11:26
Viernes, 02 de enero de 2009

Os xogadores das categorías base elixirán o nome.

Esta é a mascota do Club Baloncesto Caselas. Dibuxouna a ex-xogadora Estefanía xa hai algúns anos. Agora estamos na procura do seu nome.

Despois dunha primeira fase realizada estos días onde se propuxeron decenas de nomes, na Directiva fixemos unha selección dos cinco que máis nos gustaron e que foron estes:

·         
 
PUQUI

·          CHUSQUIÑO

·          CHISPÍN

·          BIGOTIÑOS

·          CHAMPI


O vindeiro xoves 8 de xaneiro, os xogadores das categorías base que desexen, votarán nunha papeleta un destes nomes. O que máis votos teña, será elexido como nome da mascota.


Publicado por cbcaselas @ 23:23