Martes, 27 de enero de 2009

C.B.Caselas (65):  Javi (10), Víctor (7), Rubén (12), Igor (6) e Juan (14). QUINTETO. Toni (9), Mateo (7) e Iago (0).
Parciais:  12-17 / 10-23 / 19-20 / 24-34.
Incidencias:  Entrada habitual no Pavillón de Deportes de Salceda. Preto de medio centenar de espectadores.

A pesares do que poida parecer polo resultado, o Caselas xogou un partido máis que aceptable, coa máxima anotación da tempada -xunto co partido da semana pasada na Guía-.
A clave do partido estivo no grande acerto dende a liña de 6,25 dos da terra das ostras, onde conseguiron 39 puntos (13 triplas) por ningunha nosa. O resto do partido foi igualado, co Caselas colista tratando ao colíder de tú a tú, cun xogo de equipo vistoso e fluído que vai mellorando e boa aportación de tódolos xogadores.
O Arcade fíxose co mando do marcador dende o principio e xa sentenciaba no descanso con 22-40. No segundo tempo o Caselas conseguía reducir as ventaxas, pero nos minutos finais os visitantes maquillaron o resultado con cinco triplas practicamente seguidas que deixaron un resultado creemos un tanto enganoso para os méritos do Caselas.
Como dato, destacar as poucas faltas dos dous equipos: 12 dos nosos por 13 o Arcade e sen eliminados.

CATEGORÍAS BASE

O máis destacado foi a brillante victoria do Infantil Feminino en Vigo perante o Maristas Celta por 41-46 na primeira xornada da Liga Zonal División "B". Parecía imposible cando a falla de 3 minutos gañaban as viguesas por 39-31. Un forte defensa individual coincidindo coa eliminación por faltas de varias xogadoras do Maristas, levounos a un parcial de 2-15 e a celebración por todo o alto das nosas, nun encontro que dominaron ata o terceiro cuarto.
C.B.Caselas EDM.(46):  Nerea (2), Tamara (21), Yoli (0), Eva (10) e Lara (0). QUINTETO. Laura Fernández (6), Andrea (3), Cynthia (0), Laura Guerrero (0), Blanca (2) e Carla (2).

O Infantil Masculino tamén se estrenou na Liga Zonal División "B" con derrota clara en Salceda co Baiona por 16-63.
O Alevín Mixto non xogou o partido o non presentarse a xogar en Salceda o Divino Salvador de Coruxo. A Federación polo tanto nos dará o partido por gañado.
O Benxamín Mixto perdeu en Coia con Seis do Nadal "B" masculino por 43-16.


Publicado por cbcaselas @ 0:23  | CRONICAS