Martes, 20 de enero de 2009

C.B.Caselas (65):  Mateo (1), Víctor (8), Rubén (7), Igor (18), Juan (12). QUINTETO. Javi (8), Aitor (2), Toni (7) e Iago (2).
Parciais:  22-21 / 15-12 / 16-15 / 18-17.
Incidencias:  Tarde de sábado no pavillón do colexio S.J.La Guía. Varios afecionados do Caselas na grada.

Faltoulle ao Caselas esa pizca de bó xogo para levarse a victoria. Os nosos xogaron un encontro moi aceptable nunha cancha moi difícil, reaccionando cada vez que os da Guía tentaban escaparse e con curtas ventaxas para uns e outros durante a primeira metade, que remata con 37-33.
Na continuación, o Caselas seguía a facer un xogo vistoso con gran aportación dos aleiros que anotaban en penetracións (30 puntos entre Igor e Juan), xa que no lanzamento de lonxe non tiñamos o día (1 de 8 en triplas). Os locais distanciaronse a 10 puntos hacia no cuarto final froito duns erros ofensivos que tal vez se pagaron caros pola nosa parte.
Sinalar os sustos dados polo pivot Víctor, que forzou o nocello nos primeiros minutos pero que poido continuar, e o base Rubén, que rematou con molestias nun xemelgo.

CATEGORÍAS BASE:  ALEVÍN MIXTO
COMPAÑÍA MARÍA VIGO 29  C.B.CASELAS EDM 63


Publicado por cbcaselas @ 0:01  | CRONICAS