Lunes, 12 de enero de 2009

C.B.Caselas (43):  Javi (0), Víctor (2), Rubén (17), Igor (10) e Juan (7). QUINTETO. Aitor (0), Toni (6), Raúl (0), Iago (1).
Parciais:  12-15 / 10-20 / 5-26 / 15-15
Incidencias:  Algo máis de medio centenar de afecionados no Pavillón de Deportes de Salceda. Gardouse un minuto de silencio polo falecemento o día 2 de xaneiro do xogador do Oh!Vigo Israel Alvarez. Dende esta páxina manifestamos o noso máis sincero pésame aos seus achegados.

Un equipo que anota 13 canastas de 46 intentos en tiros de dous nunca gañará un partido nesta categoría. E isto lle sucedeu ao Caselas, que se atopou cun equipo de homes moi altos -tal vez o equipo máis alto da liga- e que intimidaban e obligaban aos nosos a facer entradas e tiros forzados.
Saíron os de Jose Luis con gañas e boas intencións, con ataques máis ou menos fluídos e intentando xogar cos pivots. Marcador de 22-35 ao descanso.
O encontro rompeuse definitivamente no terceiro cuarto, coincidindo coa entrada en pista dos nosos xogadores de banquiño que deron relevo a un quinteto moi cansado. O elocuente parcial de 5-26 fala por sí só a pesar do empeño dos nosos xovencísimos xogadores perante as torres visitantes que dominaban tódalas facetas.
No cuarto final miráronse os mellores minutos do Caselas froito do contrataque e velocidade, pero co partido xa resolto.


CATEGORÍAS BASE
Os Alevíns e Benxamíns xogaron en Salceda dous partidos non aptos para cardiacos e que caeron finalmente do noso lado.
O Alevín Mixto de Carlos, que empataba a 37 co S.José de La Guía no derradeiro minuto, acabou gañando por 40-37 grazas a un tiro libre de Noelia e dous definitivos de Carlos, que tivo a suficiente serenidade para transformarlos.
Máis emoción imposible no Benxamín Mixto de Rubén e Natalia perante o Salesianos de Vigo. Empate a 23 ao remate do tempo regulamentario nun partido con moitas imprecisións, pero coa emoción do marcador. Na prórroga de 5 minutos, pesoulle a responsabilidade aos xogadores de ambos equipos e cando parecía que nadie anotaba, chegou a canasta limpa de Fabiola sobre a bocina que deixou o 25-23 para o Caselas.


Publicado por cbcaselas @ 23:31  | CRONICAS