"BIGOTIÑOS"foi o nome da nosa mascota elexido polas nosas categorías base. Logo dunha reñidísima votación onde participaron 45 xogadores/as, este nome foi o que acadou maior número de votos. Damos a benvida como membro do clube a este particular gato baloncestista.