Domingo, 28 de diciembre de 2008

OS INFANTILES MASCULINOS E FEMININOS REMATAN O TORNEO APERTURA.
Coindidindo coas vacacións de nadal, os equipos do C.B.Caselas EDM Infantil Masculino e Feminino remataron o chamado Torneo de Apertura na División B.
Os rapaces de Carlos acadaron a séptima posición con 2 victorias e 7 derrotas. As rapazas de Manolo quedaron quintas con 4 victorias e 4 derrotas.
Agora xogarán a chamada Copa F.G.B. (Federación Galega Baloncesto), unha competición que comezará presumiblemente o 25 de xaneiro do novo ano, segundo as bases de competición da Federación.

LOTERÍA DE NADAL.
A lotería de Nadal xogada polo clube non deixou ningún premio. Teremos que agardar outro ano.
O número premiado na cesta de nadal sorteada foron as tres últimas cifras do gordo: o 365.
A cesta está exposta en Sanfer Expert de Salceda.

O XOGADOR YANKO É PAI.
NORABOA ao noso xogador senior Yanko e a súa parella Ana, que foron recentemente pais de dous mellizos: rapaz e rapaza (Leo e Yoanka). Os pequenos están en bo estado de saude e voltaran a casa en breve. Que sexades felices!!!
Yanko continúa a recuperación da súa lesión moi favorablemente e xa fai pequenos exercicios de pista pola súa conta.


Publicado por cbcaselas @ 15:58
Martes, 23 de diciembre de 2008

Aos xogadores e entrenadores.....
aos afecionados.....
aos patrocinadores e colaboradores.....
e, en definitiva, a todos os que nos siguen.....

BO NADAL E PRÓSPERO ANO 2009 !!

Deséxavos a xunta directiva do Club Baloncesto Caselas.


Publicado por cbcaselas @ 22:20

CASELAS 51  URECA 63

C.B.Caselas (51):  Javi (18), Víctor (8), Rubén (8), Igor (0) e Juan (4). QUINTETO. Aitor (8), Toni (5), Mateo (0) e Iago (0).
Parciais:  13-21 / 10-11 / 10-16 / 18-15.
Incidencias:  Derradeira xornada do ano na tarde do domingo no Pavillón de Deportes de Salceda, con aproximadamente catro decenas de espectadores.

Novamente os despistes e falla de concentración nos privaron dunha victoria que ben podía caer do noso lado. O equipo xogou un partido irregular, capaz do bo (poñerse a 6 puntos no derradeiro cuarto) e do malo (mal balance defensivo).
No primeiro cuarto os de Nigrán escapáronse a un perigoso 13-21 que case foi definitivo, e 33-48 no inicio do periodo final, onde houbo reacción do Caselas que non bastou para remontar perante un equipo coma os da maioría desta categoría: veterano e experto.
Difícil gañar cos malos porcentaxes en tiros libres (5 de 16) e triplas (2 de 12), compensados en parte polo 20 de 41 en tiros de campo.
A pesar da derrota, os nosos xogadores van collendo outras sensacións -destacar o bo papel do ala pivot Javi con 18 puntos-. Este equipo é moi novo e teremos que seguir collendo experiencia.
O Caselas remata así a primeira volta da liga no último posto con unha victoria e oito derrotas. 


Publicado por cbcaselas @ 21:40  | CRONICAS
Jueves, 18 de diciembre de 2008

Aquí vai a última xornada do ano para o Senior e o Alevín. O resto dos equipos non voltarán a xogar ata o ano que ven.

Senior Masc:  CASELAS - URECA NIGRÁN
Domingo 21 / 17:30 / Pavillón de Salceda.
Alevín Mixto:  CASELAS - MARISTAS CELTA
Venres 19 / 17:30 / Pavillón de Salceda.

RESULTADO BENXAMÍN MIXTO
En partido xogado onte mércores suspendido o pasado fin de semana pola chuvia, o Caselas Benxamín de Natalia e Rubén venceu a domicilio ao Colexio Mariano por 20-26.

 

 


Publicado por cbcaselas @ 15:26
Martes, 16 de diciembre de 2008

AIREXA NIGRÁN 52  C.B.CASELAS 43

C.B.Caselas (43):  Rubén (2), Víctor (5), Toni (6), Iago (1), Mateo (2), Aitor (8), Igor (15) e Javi (4).
Parciais:  17-9 / 9-9 / 18-4 / 8-21.

Partido disputado, por decir algo, en Nigrán o sábado onde o Caselas cometeu os mesmos erros de sempre: precipitación e pouca defensa, e iso que o Airexa non demostrou nada de outro mundo. A reacción no derradeiro cuarto cun parcial de 8-21 (estabamos 44-22 ao final do terceiro), non serviu para enmendar o mal xogo. A falta dun partido para o remate da primeira fase, seguiremos traballando con paciencia de cara a segunda volta da liga.

CATEGORÍAS BASE
Infantil Masc:  BAIONA 58 CASELAS 12
Infantil Fem:  COMPAÑÍA MARÍA "B" 63 CASELAS 12
Alevín Mixto:  GARCÍA BARBÓN 65 CASELAS 15
Benxamín Mixto:  MARIANO - CASELAS  Suspendido pola chuvia


Publicado por cbcaselas @ 0:28  | CRONICAS
Informamos que dende hai varios días, está agotada a lotería de nadal do Club Baloncesto Caselas, co número correspondente a data da nosa fundación: 18.990.
Dende a directiva queremos agradecer a toda a xente que mercou o seu boleto. Agora só esperar a que toque. Sorte!

Publicado por cbcaselas @ 0:08
S?bado, 13 de diciembre de 2008

Os nosos amigos do C.B.Tui nos mandan o seguinte cartel do partido de veteranos entre o Real Madrid, o C.B.Tui e o Gestibérica Vigo. Será o vindeiro sábado 20 de nadal as 19:30 horas no Pavillón Municipal de Tui (o novo). O prezo das entradas son de 9 euros adultos e 5 euros menores de 16 anos.


Publicado por cbcaselas @ 18:19
Mi?rcoles, 10 de diciembre de 2008

Nesta xornada, xa preto do nadal, non hai ningún partido en Salceda. Aos cinco equipos lles toca desplazarse.

Senior Masc:  AIREXA NIGRÁN - CASELAS
Sábado 13 / 20:00 / Pavillón do Instituto Social da Mariña, en Panxón.
Infantil Masc:  BAIONA - CASELAS
Sábado 13 / 12:00 / Pavillón de Baiona / Saída 10:30.
Infantil Fem:  COMPAÑÍA MARÍA "B" - CASELAS
Sábado 13 / 11:45 / Colexio Compañía María (Vigo) / Saída 10:15.
Alevín Mixto:  GARCÍA BARBÓN - CASELAS
Sábado 13 / 11:00 / Colexio García Barbón (Vigo) / Saída 9:45.
Benxamín Mixto:  MARIANO - CASELAS
Sábado 13 / 10:00 / Colexio Mariano (Vigo) / Saída 9:00.


Publicado por cbcaselas @ 20:32
Domingo, 07 de diciembre de 2008

Na xornada deste fin de semana tan só xogaron os nosos equipos Infantil Masculino e Feminino.
Os rapaces caíron perante Los Sauces por 22-41 (10-16 ao descanso), nun mal partido onde os nosos acabaron por ceder no periodo final.
C.B.Caselas EDM Masc.(22):  Adrián (2), Denis (5), Marcus (5), Matías (4), Víctor (0), Mauricio (2), Sergio (4), Santi (0) e Miguel (0).
Pola súa parte, as rapazas lograron unha nova victoria ao vencer ao Embrujo Céltico por 54-44 (19-17 ao descanso), nun vistoso e entretido partido onde os erros en defensa deixaron paso a un baloncesto ofensivo, sobre todo na segunda metade.
C.B.Caselas EDM Fem.(54):  Nerea (0), Laura F.(6), Andrea (10), Tamara (22), Cynthia (0), Laura Gu.(0), Yoli (6), Blanca (0), Eva (6), Carla (4) e Lara (0).


Publicado por cbcaselas @ 22:18
Jueves, 04 de diciembre de 2008

Os Infantiles Masculino e Feminino son os únicos que xogan neste fin de semana de ponte da Constitución.
A maioría das categorías descansan.

Infantil Fem:  CASELAS- EMBRUJO CÉLTICO CAIXANOVA
Sábado 6 / 10:00 / Pavillón de Salceda.
Infantil Masc:  CASELAS - LOS SAUCES
Sábado 6 / 11:30 / Pavillón de Salceda.

Por outro lado, queda pendente de acordar unha data de xogo para o partido Alevín Mixto entre os nosos e o Maristas Celta.


Publicado por cbcaselas @ 14:36
Lunes, 01 de diciembre de 2008

CASELAS 40 MOS 45

C.B.Caselas (40):  Rubén (2), Aitor (5), Igor (6), Toni (12), Víctor (7). QUINTETO. Javier (0), Mateo (8), Iago (0) e Juan (0).
Incidencias:  Flouxa entrada no pavillón de Salceda para asistir ao derbi.
Parciais: 19-6 / 6-14 / 5-12 / 10-12.

Partido raro o xogado en Salceda na tarde do sábado, xa que no 1º cuarto gañábamos 19-6 e en todo o partido restante só anotamos 21 puntos.
Comezamos ben en defensa e moi ben en ataque, pero no 2º cuarto atenazounos a necesidade de gañar. Os ataques eran con medo, onde nadie quería tirar, unido a que Rubén non tivo o día anotador; sirva como dato que en cada partido tiramos entre 45 a 55 tiros de dous, pois neste partido tiramos só 29 veces. 
Entre o pouco positivo, destacala labor dos nosos pivots, sobre todo en defensa.


CATEGORÍAS BASE

Infantil Masc: CASTRO S.MIGUEL 0 CASELAS 2 (Os locais presentaron menos dos 8 xogadores reglamentarios).
Benxamín Mixto: CASELAS 17 COMPAÑÍA DE MARÍA 36

Infantil Feminino: LOS SAUCES 32 CASELAS 49
C.B.Caselas (49): Lara (2), Carla (10), Laura F.(8), Nerea (2), Yoli (8), Andrea (4), Laura Gu.(0), Tamara (9), Eva (6) e Blanca (0).
Partido intenso disputado polos dous equipos onde as nosas impuxeron o ritmo e levaron sempre o mando no marcador.

Publicado por cbcaselas @ 23:23  | CRONICAS