Martes, 23 de diciembre de 2008

CASELAS 51  URECA 63

C.B.Caselas (51):  Javi (18), Víctor (8), Rubén (8), Igor (0) e Juan (4). QUINTETO. Aitor (8), Toni (5), Mateo (0) e Iago (0).
Parciais:  13-21 / 10-11 / 10-16 / 18-15.
Incidencias:  Derradeira xornada do ano na tarde do domingo no Pavillón de Deportes de Salceda, con aproximadamente catro decenas de espectadores.

Novamente os despistes e falla de concentración nos privaron dunha victoria que ben podía caer do noso lado. O equipo xogou un partido irregular, capaz do bo (poñerse a 6 puntos no derradeiro cuarto) e do malo (mal balance defensivo).
No primeiro cuarto os de Nigrán escapáronse a un perigoso 13-21 que case foi definitivo, e 33-48 no inicio do periodo final, onde houbo reacción do Caselas que non bastou para remontar perante un equipo coma os da maioría desta categoría: veterano e experto.
Difícil gañar cos malos porcentaxes en tiros libres (5 de 16) e triplas (2 de 12), compensados en parte polo 20 de 41 en tiros de campo.
A pesar da derrota, os nosos xogadores van collendo outras sensacións -destacar o bo papel do ala pivot Javi con 18 puntos-. Este equipo é moi novo e teremos que seguir collendo experiencia.
O Caselas remata así a primeira volta da liga no último posto con unha victoria e oito derrotas. 


Publicado por cbcaselas @ 21:40  | CRONICAS