Mi?rcoles, 26 de noviembre de 2008

MODIFICACIÓNS DE ÚLTIMA HORA NOS PARTIDOS:

Onte xoves houbo dúas novidades no horario de partidos deste fin de semana.
Por un lado, finalmente hai partido de INFANTIL FEMININO.
Por outro lado, o ALEVÍN MIXTO Caselas - Maristas Celta foi aprazado a petición dos vigueses.


Senior Masc:  CASELAS - MOS
Sábado 29 / 18:00 / Pavillón de Salceda.
Infantil Masc:  CASTRO SAN MIGUEL - CASELAS
Sábado 29 / 12:30 / Colexio San Miguel 2 de Vigo / Saída 11:00.
Infantil Fem:  LOS SAUCES - CASELAS
Sábado 29 / 19:00 / Colexio Los Sauces (Mos) / Saída 17:45.
Alevín Mixto:  CASELAS - MARISTAS CELTA VIGO
APRAZADO A PETICIÓN DO MARISTAS CELTA.
Benxamín Mixto:  CASELAS - COMPAÑÍA DE MARÍA (VIGO)
Sábado 29 / 16:15 / Pavillón de Salceda.


Publicado por cbcaselas @ 21:49
Domingo, 23 de noviembre de 2008

C.B.Caselas (46):  Javi (6), Aitor (10), Toni (2), Mateo (6), Iago (0), Víctor (3), Rubén (11), Igor (4) e Juan (4).
Incidencias:  Partido xogado na tarde do sábado na Pista Vermella de Vigo.
Cuartos:  14-11 / 14-13 / 11-4 / 17-18.

Partido intenso o xogado polo Caselas, con erros típicos de xogadores xóvenes, pero estamos contentos da defensa sobre todo, e moi decepcionados cos tiros libres, 2 de 12, peor porcentaxe que nas triplas, 2 de 7.
Comezou dominando o Caselas no marcador, que con defensa individual no lle deixaba pensar ao rival, pero a 45 seg. de finalizar este cuarto, a perda de balóns nos evita gañalo e remata 14-11. No segundo cuarto mais do mesmo: defensa individual forte sobre Nuñez, Roberto e Johnny, sobre todo, e anticipacion en tódalas accións, o periodo remata 14-13, para un esperanzador 28-24 ao descanso.
No terceiro cometemos demasiados erros en ataque pero seguimos ben en defensa, ademáis neste cuarto os tiros libres foron un lastre. No derradeiro periodo seguimos ben en defensa e iso fíxonos gañalo 17-18.
Nos vindeiros partidos empeza a verdadeira liga para o Caselas. Nas seguintes tres xornadas, ata o remate da primeira volta, recibimos a equipos empatados con nós, con tan só unha victoria como son o Mos (en Salceda o vindeiro fin de semana), o Airexa Nigrán e o URECA.

CATEGORÍAS BASE
Infantil Masc: CASELAS 33 C.MARIANO 75
Infantil Fem:  LOS SAUCES - CASELAS (Aplazado)
Alevín Mixto:  DESCANSO
Benxamín Mixto:  S.JOSÉ DE PRAGA 3 CASELAS 30

Publicado por cbcaselas @ 21:57  | CRONICAS
Viernes, 21 de noviembre de 2008

Publicado por cbcaselas @ 23:25
Mi?rcoles, 19 de noviembre de 2008

Senior Masc:   XUVENTUDE VIGO - CASELAS
Sábado 22 / 18:00 / Pista Vermella (Vigo).
Infantil Masc:   CASELAS - COLEXIO MARIANO VIGO
Sábado 22 / 11:00 / Pavillón de Salceda.
Infantil Fem:   LOS SAUCES - CASELAS
Aplazado a petición de Los Sauces.
Alevín Mixto:   DESCANSA
Benxamín Mixto:   SAN JOSÉ DE PRAGA - CASELAS
Sábado 22 / 11:45 / Colexio San José La Guía (Vigo). Saída 10:30.


Publicado por cbcaselas @ 23:14
Martes, 18 de noviembre de 2008

Os xornais mensuais de ámbito comarcal XORNAL 21 e A PENEIRA DA LOURIÑA publican neste mes un pequeno reportaxe sobre a presentación do clube.


Publicado por cbcaselas @ 21:06  | TORNEOS E ACTOS
Domingo, 16 de noviembre de 2008

C.B.CASELAS 42  C.B.BAIONA 60

C.B.Caselas (42):  Víctor (5), Toni (3), Aitor (11), Rubén (11), Juan (2). QUINTETO. Javier (4), Iago (0), Igor (0) e Mateo (6).
Parciais:  4-19 / 12-18 / 14-6 / 12-17.
Incidencias:  Preto de sete decenas de afecionados na tarde do sábado no Pavillón de Deportes de Salceda.

   As opcións do Caselas perante o líder quedaron moi mermadas xa dende o inicio, cun parcial de 4-19 no primeiro cuarto. O noso equipo saiu mentalizado, pero atopouse cunha forte defensa do Baiona que facía que perderamos balóns en ataque, unido a mala selección de tiro que nos ben sucedendo dende inicio de temporada.
Exceptuando ese primeiro cuarto, o resto do partido foi máis ben igualado. Boas defensas por parte ambos e pouco acerto de cara ao aro foron a tónica dun partido entretido entre, tal vez os dous equipos máis novos da liga.
Na segunda metade, con 16-37 ao descanso, miráronse os mellores minutos do Caselas, que moveu o balón en ataque sen precipitacións, unido a unha boa defensa e os triples de Aitor. O equipo dirixido por Jose Luis conseguiu poñerse a 12 puntos, empurrado por un público animoso como de costume, pero os visitantes souberon responder cun xogo rápido que os levou a esa cómoda victoria.


CATEGORÍAS BASE

Infantil Masculino: SEIS DO NADAL "C" 55 CASELAS 19
Infantil Feminino: CASELAS 41 MARISTAS CELTA 20
C.B.Caselas (41):  Nerea (0), Laura F.(13), Andrea (6), Tamara (16), Laura Gu.(2), Yoli (0), Cynthia (0), Eva (4) e Lara (0).
Alevín Mixto:  CARMELITAS 46 CASELAS 51
Benxamín Mixto:  APÓSTOL 24 CASELAS 15


Publicado por cbcaselas @ 23:44  | CRONICAS
Mi?rcoles, 12 de noviembre de 2008

Senior Masc:  CASELAS - BAIONA
Sábado 15 / 18:00 / Pavillón de Salceda.
Infantil Masc:  SEIS DO NADAL COIA "C" - CASELAS
Sábado 15 / 12:00 / Colexio Celso Emilio Ferreiro (Coia) / Saída 10:45.
Infantil Fem:  CASELAS - MARISTAS CELTA
Sábado 15 / 16:00 / Pavillón de Salceda.
Alevín Mixto:  CARMELITAS - CASELAS
Sábado 15 / 11:30 / Colexio Carmelitas de Vigo / Saída 10:00.
Benxamín Mixto:  APÓSTOL - CASELAS
Sábado 15 / 10:00 / Colexio Apóstol Santiago de Vigo / Saída 9:00.


Publicado por cbcaselas @ 21:42
Domingo, 09 de noviembre de 2008

C.B.CASELAS 49 DOLCE VITA (VIGO) 80

C.B.Caselas (49): 
Javi (2), Toni (10), Víctor (6), Rubén (11), Igor (0). QUINTETO. Aitor (12), Mateo (8), Iago (0) e Juan (0).
Incidencias:  Máis de medio centenar de espectadores na tarde do sábado en Salceda.
Parciais:  15-21 / 7-13 / 8-26 / 19/20.

   O partido comezou cun Caselas entonado, forte en defensa e cun ataque bastante fluído. En fronte estaba o Dolce Vita, con xogadores moi expertos, con moita altura como ben sendo habitual nestes conxuntos, con nomes importantes no básquet vigués no seu día que xogaron en categorías superiores e que non tardaron en levar o mando.
Ao descanso todavía se albergaban esperanzas: 23-34, pero un mal terceiro periodo  con escaso acerto ofensivo, lanzou aos visitantes hacia a victoria.
O xoven Caselas non baixou os brazos e maquillou o partido cun vistoso derradeiro cuarto, onde se correu e se aproveitaron boas posicións de tiro, dando entrada o entrenador Jose Luis a tódolos xogadores.
Na videira xornada voltamos a xogar en Salceda recibindo ao difícil Baiona.

CATEGORÍAS BASE
Infantil Masc: CASELAS 33 DIVINO SALVADOR 40
Infantil Fem:  C.MARIANO 64 CASELAS 38
Alevín Mixto:  CASELAS 32 C.ANDERSEN 48
Benxamín Mixto:  CASELAS 26 CARMELITAS 27


Publicado por cbcaselas @ 22:50  | CRONICAS
Mi?rcoles, 05 de noviembre de 2008

Volve a liga de  minibásquet a escena para os dous equipos do C.B.Caselas E.D.M: Alevín e Benxamín Mixtos.
Os Alevíns, de Carlos, xogarán unha liga a dobre volta nun grupo mixto. Debutan este sábado en Salceda co Colexio Andersen de Vallladares.
Os Benxamíns, de Rubén e Natalia, tocoulles o Grupo B, onde xogarán con equipos masculinos, femininos ou mixtos, unha liga a dobre volta. Debutan este sábado en Salceda co Carmelitas de Vigo.
Esperamos disfrutar cos peques un ano máis.


Senior Masc:  C.B.CASELAS - DOLCE VITA (VIGO)
Sábado 8 / 18:00 / Pavillón de Salceda.
Infantil Masc:  C.B.CASELAS EDM.- DIVINO SALVADOR (CORUXO)
Sábado 8 / 16:15 / Pavillón de Salceda.
Infantil Fem:  COLEXIO MARIANO - C.B.CASELAS EDM.
Sábado 8 / 12:00 / Colexio Mariano de Vigo / Saída as 10:45.
Alevín Mixto:  C.B.CASELAS EDM.- COLEXIO ANDERSEN
Sábado 8 / 11:15 / Pavillón de Salceda.
Benxamín Mixto:  C.B.CASELAS EDM.- CARMELITAS VIGO
Sábado 8 / 12:30 / Pavillón de Salceda.


Publicado por cbcaselas @ 20:21
Martes, 04 de noviembre de 2008

Xa temos subidas nesta web as fotos e plantillas dos equipos do C.B.Caselas e E.D.M.de Salceda 08-09.
Podes acceder no MENÚ PRINCIPAL >>>>EQUIPOS.


Publicado por cbcaselas @ 23:38

C.B.Caselas (47):  Javi (0), Aitor (5), Toni (4), Mateo (14), Iago (0), Víctor (6), Rubén (9), Igor (7) e Juan (2).
Parciais:  25 / 05,   22 / 16,   22 / 15,   32 / 11.
Incidencias:  Flouxa entrada no Pavillón de Soutomaior.

   O Caselas nunca conseguiu meterse nun encontro dominado en tódalas facetas de principio a fin polo equipo de Arcade. Os locais, actuais campeóns de liga e subcampeóns galegos, deixaron claras as súas intencións dende o inicio, cun elocuente 19-0. A partir de ahí, tímida reacción dos nosos cun 2º e 3º cuarto aceptables. No cuarto final os numerosos despistes defensivos -constantes no partido- fixeron que o Arcade nos rematara dende a liña de 6,25, onde conseguiron 13 triplas. Como nota positiva, sinalar a porcentaxe de 7 de 8 en tiros libres no Caselas.

CATEGORÍAS BASE:
Infantil Masc: SALESIANOS VIGO 61 CASELAS 14
Infantil Fem:  CASELAS 44 AIREXA NIGRÁN 54


Publicado por cbcaselas @ 0:10  | CRONICAS