Domingo, 23 de noviembre de 2008

C.B.Caselas (46):  Javi (6), Aitor (10), Toni (2), Mateo (6), Iago (0), Víctor (3), Rubén (11), Igor (4) e Juan (4).
Incidencias:  Partido xogado na tarde do sábado na Pista Vermella de Vigo.
Cuartos:  14-11 / 14-13 / 11-4 / 17-18.

Partido intenso o xogado polo Caselas, con erros típicos de xogadores xóvenes, pero estamos contentos da defensa sobre todo, e moi decepcionados cos tiros libres, 2 de 12, peor porcentaxe que nas triplas, 2 de 7.
Comezou dominando o Caselas no marcador, que con defensa individual no lle deixaba pensar ao rival, pero a 45 seg. de finalizar este cuarto, a perda de balóns nos evita gañalo e remata 14-11. No segundo cuarto mais do mesmo: defensa individual forte sobre Nuñez, Roberto e Johnny, sobre todo, e anticipacion en tódalas accións, o periodo remata 14-13, para un esperanzador 28-24 ao descanso.
No terceiro cometemos demasiados erros en ataque pero seguimos ben en defensa, ademáis neste cuarto os tiros libres foron un lastre. No derradeiro periodo seguimos ben en defensa e iso fíxonos gañalo 17-18.
Nos vindeiros partidos empeza a verdadeira liga para o Caselas. Nas seguintes tres xornadas, ata o remate da primeira volta, recibimos a equipos empatados con nós, con tan só unha victoria como son o Mos (en Salceda o vindeiro fin de semana), o Airexa Nigrán e o URECA.

CATEGORÍAS BASE
Infantil Masc: CASELAS 33 C.MARIANO 75
Infantil Fem:  LOS SAUCES - CASELAS (Aplazado)
Alevín Mixto:  DESCANSO
Benxamín Mixto:  S.JOSÉ DE PRAGA 3 CASELAS 30

Publicado por cbcaselas @ 21:57  | CRONICAS