Domingo, 16 de noviembre de 2008

C.B.CASELAS 42  C.B.BAIONA 60

C.B.Caselas (42):  Víctor (5), Toni (3), Aitor (11), Rubén (11), Juan (2). QUINTETO. Javier (4), Iago (0), Igor (0) e Mateo (6).
Parciais:  4-19 / 12-18 / 14-6 / 12-17.
Incidencias:  Preto de sete decenas de afecionados na tarde do sábado no Pavillón de Deportes de Salceda.

   As opcións do Caselas perante o líder quedaron moi mermadas xa dende o inicio, cun parcial de 4-19 no primeiro cuarto. O noso equipo saiu mentalizado, pero atopouse cunha forte defensa do Baiona que facía que perderamos balóns en ataque, unido a mala selección de tiro que nos ben sucedendo dende inicio de temporada.
Exceptuando ese primeiro cuarto, o resto do partido foi máis ben igualado. Boas defensas por parte ambos e pouco acerto de cara ao aro foron a tónica dun partido entretido entre, tal vez os dous equipos máis novos da liga.
Na segunda metade, con 16-37 ao descanso, miráronse os mellores minutos do Caselas, que moveu o balón en ataque sen precipitacións, unido a unha boa defensa e os triples de Aitor. O equipo dirixido por Jose Luis conseguiu poñerse a 12 puntos, empurrado por un público animoso como de costume, pero os visitantes souberon responder cun xogo rápido que os levou a esa cómoda victoria.


CATEGORÍAS BASE

Infantil Masculino: SEIS DO NADAL "C" 55 CASELAS 19
Infantil Feminino: CASELAS 41 MARISTAS CELTA 20
C.B.Caselas (41):  Nerea (0), Laura F.(13), Andrea (6), Tamara (16), Laura Gu.(2), Yoli (0), Cynthia (0), Eva (4) e Lara (0).
Alevín Mixto:  CARMELITAS 46 CASELAS 51
Benxamín Mixto:  APÓSTOL 24 CASELAS 15


Publicado por cbcaselas @ 23:44  | CRONICAS