Jueves, 30 de octubre de 2008

Senior Masc:  C.B.ARCADE - C.B.CASELAS
Sábado 1 / 16:15 / Pavillón de Soutomaior.
Infantil Masc:  SALESIANOS - C.B.CASELAS EDM.
Sábado 1 / 10:30 / Colexio Salesianos de Vigo / Saída 9:15.
Infantil Fem:  C.B.CASELAS EDM.- AIREXA NIGRÁN "B"
Sábado 1 / 11:00 / Pavillón de Salceda.


Publicado por cbcaselas @ 8:57
Martes, 28 de octubre de 2008

 

Grande tarde de baloncesto en Salceda de Caselas.
Cun extraordinario ambiente e colorido, música e aplausos comezou o desfile e presentación dos xogadores un a un.
Coa presentación un ano máis do noso directivo Suso, foron saltando a pista os máis pequenos, Iniciación, pasando logo polos Benxamíns, Alevíns, Infantil Feminino, Masculino, Senior Masculino, Directiva e demáis persoas que traballan ou colaboran co deporte da canasta salcedense.
As máis de 250 persoas presentes na grada -non recordabamos unha entrada así- souberon agradecer cos seus ánimos e bullicios aos seus deportistas.
Posteriormente procedeuse a foto de familia e as fotos dos distintos equipos, que deron paso ao emocionante partido da segunda xornada Senior onde o Caselas venceu a S.José La Guía por 60-45.
Estiveron presentes entre outros, a totalidade da Xunta Directiva do C.B.Caselas, o representante das Escolas Deportivas Municipais Martín Acuña, a concelleira de cultura e deportes Tere Pérez e o alcalde da vila Marcos Besada.
Nos próximos días, na sección desta web "EQUIPOS", publicaremos as fotos e xogadores de cada un dos equipos.


TRIUNFO DO EQUIPO SENIOR PERANTE SAN JOSÉ DE LA GUÍA (60-45)

C.B.Caselas (60):  Javi (4), Toni (10), Víctor (8), Rubén (19) e Igor (8). QUINTETO. Aitor (2), Mateo (9), Juan (0). Tamén estiveron Mili, Iago e Yanko (lesionado).
Árbitros:  Sres.Marqués e Pazos, do colexio vigués.
Parciais:  12-8 / 16-12 / 14-12 / 18-13.
Incidencias: Máis de 250 espectadores no Pavillón de Salceda na tarde do domingo coincidindo coa presentación. Público extraordinario que non deixou de animar aos nosos, sobre todo os máis pequenos. Durante o partido sorteouse o xamón, da BODEGUILLA Z-9, un almorzo a base de callos, do BAR CLARÍN, varios regalos do novo DEPORTES GONZÁLEZ.

   Saiu moi concentrado o Caselas dende o primeiro minuto conscientes da victoria. O partido foi bastante igualado, co equipo de Jose Luis levando o mando e con curtas ventaxas. As fortes defensas predominaban sobre os ataques e así chegábase ao descanso cun curto 28-20.
Na segunda metade o Caselas seguiu coa súa forte defensa individual que lle provocou perdas de balón ao rival. En ataque conseguiuse unha maior fluidez. Ao contrario da semana pasada en Vigo, hoxe entraban as canastas de dous, cun porcentaxe de preto do 50% e con balóns para os pivots Toni, Victor e incluso Javi, que tiveron en fronte a pivots máis altos que eles.
Con todo, o Caselas conseguiu despegarse no marcador nos minutos finais, cun rival recén ascendido loitador e nada fácil.
Destacar tamén o gran papel do noso base Rubén, que tirou da súa veteranía culminando con 19 puntos, máximo anotador.
Ao final, ovación dos presentes e alegría dun Caselas que a falta de acoplar, transmite ilusión e optimismo.

CATEGORÍAS BASE
Infantil Masc:  CASELAS 21 ANDERSEN 54
Infantil Fem:  SEIS NADAL COIA "B" 40 CASELAS 12

FINAL COPA GALICIA CADEIRA DE RODAS:  ALDASA AMFIV VIGO 51 BASKETMI FERROL 26



Desfile de Iniciación, Benxamíns e Alevíns Mixto.


"Piqui" sauda as rapazas infantiles.


A directiva Natalia cos compañeiros do Senior.


Un momento do desfile. Os Senior e Infantiles con parte da directiva e autoridades.


O "speaker" e directivo Suso saúda por todo o alto a Yanko e cía.


Unión antes de empezar o partido.


Salto inicial co xogador de Salceda Javi tentando levar o balón.


Aitor dirixindo a nave do Caselas.


Os rapaces da canteira non pararon de animar. ¡Sensacionais!


Publicado por cbcaselas @ 23:53  | CRONICAS
Mi?rcoles, 22 de octubre de 2008

Este domingo 26 as 16:15 horas, todos ao pavillón de Salceda ao acto de presentación dos nosos equipos.
Ademais do partido Senior que aparece no cartel, aquí tendes a axenda de partidos para os infantiles:

Infantil Masc: 
C.B.CASELAS - COLEXIO ANDERSEN
Sábado 25 / 10:15 / Pavillón de Salceda.
Infantil Fem:  SEIS DO NADAL "B" - C.B.CASELAS
Domingo 26 / 12:30 / Colexio Seis do Nadal (Coia). Saída as 11:15.


Publicado por cbcaselas @ 23:30  | TORNEOS E ACTOS

Os nosos amigos da Asociación de Minusválidos AMICO, de Salceda. Salvaterra e Tui, nos invitan a acudir á Final da Copa Galicia de baloncesto en cadeira de rodas (que eles organizan nesta ocasión), e que terá lugar o domingo 26 de outubro as 12 horas no Pavillón Municipal de Tui (o novo), entre os equipos ALDASA AMFIV DE VIGO e BASKETMI DE FERROL.
Os afecionados terán un novo xeito de ver un baloncesto moi plástico e espectacular.


Publicado por cbcaselas @ 22:07
Martes, 21 de octubre de 2008

OH! VIGO 64 C.B.CASELAS 37

C.B.Caselas(37): Toni (10), Víctor (0), Rubén (9), Igor (9) e Juan (0). QUINTETO. Javi (2), Aitor (4), Mili (2), Mateo (1) e Iago (0).
Parciais: 18-8, 16-10, 20-8, 10-11.
Incidencias: Pouco público no pavillón de Balaídos, con maioría de afecionados do Caselas, preto de dúas ducias.
   O Caselas, coa única baixa coñecida de Yanko, quixo pero non poido perante un equipo local moi alto -moitos xogadores de preto de dous metros- e veterano que controlou o ritmo do partido.
Unha das claves foi o escaso acerto anotador, con porcentaxes moi baixas tanto no tiro libre coma no de campo. Basta dicir que a primeira canasta de dous chegou no segundo cuarto.
Aínda así o equipo de Jose Luis mostrou unha actitude moi boa, especialmente en defensa, e loitou ata o minuto final.
Notouse a falta de rodaxe e adaptación dos novos xogadores, pero cremos que se irá solucionando co paso das xornadas.

CATEGORÍAS BASE:
Infantil Fem: CASELAS 48 CALASANCIAS VIGO 18
Infantil Masc: APÓSTOL 57 CASELAS 6


Publicado por cbcaselas @ 9:51  | CRONICAS
Mi?rcoles, 15 de octubre de 2008

Aquí tendes os primeiros partidos da temporada:

Senior Masc:  OH! VIGO - C.B.CASELAS
Domingo 19 / 12:00 / Pavillón de Balaídos.
Infantil Masc:  APÓSTOL SANTIAGO - C.B.CASELAS
Domingo 19 / 10:00 / Colexio Apóstol Santiago (Vigo) / Saída as 9:00.
Infantil Fem:  C.B.CASELAS - CALASANCIAS (VIGO)
Sábado 18 / 10:30 / Pavillón de Salceda.

 


Publicado por cbcaselas @ 22:31

Moitas caras novas neste C.B.Caselas 08-09. Ilusión a raudales nunha plantilla moi renovada e rexuvenecida, con ata 6 xogadores que non chegan aos 20 anos, complementados por veteranos e comandados por un entrenador con experiencia como Jose Luis Pérez, que cumple a súa sexta tempada en Salceda.
Hai 5 novidades: Mili González, un aleiro de Salceda que estaba sen equipo e que será o máis veterano con 31 anos, e catro xogadores de 18 anos procedentes dos junior do Porriño, como son Javier Alonso, ala pivot tamén de Salceda, Igor Sío, escolta, Aitor Martínez, aleiro, e Mateo Pereiro, base.
Xunto a eles, 6 xogadores que continúan, como son o base Rubén Rodríguez, os aleiros Juan Fontán e Iago Suárez, o ala pivot Yanko González (aínda recuperándose da operación) e os pivots Víctor Carrera e Toni Rodríguez.
O equipo tivo unha pretemporada bastante accidentada, con cinco lesionados que mermaron os entrenamentos. Isto nos levou a decisión de non xogar nengún amigable. A día de hoxe tan só é dúbida para o debut Javi, con lesión de xemelgo.
Destacar que varios xogadores que non terán ficha están a reforzar os adestramentos, completando un grupo grande que permita aproveitar mellor as sesións. 


Publicado por cbcaselas @ 22:24
S?bado, 11 de octubre de 2008

Xa coñecemos os calendarios para o Senior Masculino, Infantil Feminino e Masculino, que empezan todos o vindeiro 18 de outubro.
O Senior xogará na casa do Oh!Vigo. Na 2ª xornada nos visita o ascendido San José La Guía, e na 3ª visitaremos a cancha do actual campión de liga, o Arcade.
O Infantil Masculino xoga na casa do Colexio Apóstol, en Vigo. Na 2ª xornada recibe ao Andersen, e na 3ª visita ao Salesianos de Vigo.
O Infantil Feminino debuta en Salceda co Calasancias de Vigo. Na 2ª xornada visita ao Seis Nadal "B", e na 3ª recibe ao Airexa Nigrán "B".

Os calendarios completos pódense consultar no Menú Principal da nosa web: COMPETICIÓNS>>COMPETICIÓNS DOS NOSOS EQUIPOS e alí seleccionar a categoría correspondente. Nos próximos días daremos unha copia do calendario a cada xogador/-a.

REUNIÓNS COS XOGADORES E PAIS NO PAVILLÓN DE DEPORTES

  • Xogadores Senior Masc:  LUNS 13 OUTUBRO AS 21:15 HORAS.
  • Pais Infantil Masc. e Fem:  LUNS 13 OUTUBRO AS 19:45 HORAS.


Publicado por cbcaselas @ 15:04
Mi?rcoles, 08 de octubre de 2008

Rubén Rodríguez será o encargado de ensinarlle aos nosos pequenos de 2º, 3º e 4º de primaria os conceptos básicos do baloncesto. Este entrenador de 30 anos de Porriño (con experiencia alí), xogador do equipo senior do C.B.Caselas e irmán do entrenador do clube Carlos, estará axudado pola que se viña ocupando deste grupo: Natalia López, que actuará como segunda entrenadora.
Desexámoslle sorte a ambos nesta nova etapa.


Publicado por cbcaselas @ 23:18
Martes, 07 de octubre de 2008

INMOBILIARIA CARBALLO de Salceda de Caselas, será un ano máis o patrocinador do equipo Senior do C.B.Caselas. Agradecer ao seu propietario Manuel Carballo, que nos axudará por terceiro ano consecutivo.

CLÍNICA DE FISIOTERAPIA JUAN RODRÍGUEZ, tamén situada na nosa vila, seguirá atendendo a tódolos xogadores do clube e escolas deportivas polo módico precio de 5 euros. Os xogadores deben levar un parte do clube para seren atendidos. Agradecer a Juan a atención co baloncesto de Salceda.

Recordemos que o CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS segue a ser o patrocinador principal do C.B.Caselas.


Publicado por cbcaselas @ 23:51
S?bado, 04 de octubre de 2008

A Senior Zonal División A comezará o 18 de outubro. Así se acordou na reunión da Delegación Viguesa celebrada onte día 3.
Os dez equipos xogarán un liga de todos contra todos a doble volta. Posteriormente os catro primeiros disputarán o título de liga en semifinais a ida e volta: 1º contra 4º e 2º contra 3º. A Final será a partido único o fin de semana do 28-29 de marzo.
O C.B.Caselas, cun equipo moi novo e totalmente renovado, continúa a súa preparación cun gran ambiente e a espera de recuperar a varios xogadores que están mermando un pouco os entrenos. Os equipos estanse a reforzar e a temporada vai a ser moi difícil.
Nos próximos días teremos o calendario e a reunión de xogadores.

Equipos Senior "División A":
C.B.Caselas
C.B.Arcade
C.B.Mos
C.B.Baiona
Airexa Fiorucci
URECA Nigrán
Xuventude
Oh! Vigo
Os Setentas (Dolce Vita-ascendido)
San José de La Guía (ascendido)


Publicado por cbcaselas @ 14:38

O pasado xoves 2 na Delegación Viguesa de Baloncesto tivo lugar a reunión  para poñer en marcha estas dúas categorías, que comezarán o 18 de outubro.
Este ano houbo cambios importantes. De outubro a nadal xogarase nunha liga o chamado Torneo Apertura, clasificatorio para xogar a Liga Galega. De xaneiro a maio, xogarase a Copa F.G.B.

Dentro do TORNEO DE APERTURA, acordouse facer dúas divisións: División A, onde estarán en teoría os aspirantes a Liga Galega, e División B, onde estarán o resto de equipos.

Os equipos do C.B.Caselas/E.D.M.Salceda Infantil Masculino (dirixido por Carlos Rodríguez) e Feminino (dirixido por Manolo González), xogarán na División B.
O calendario non está dispoñible. En breve citaremos aos pais dos xogadores para a reunión.

Equipos Infantil Masc. "División B": Equipos Infantil Fem. "División B":
C.B.Caselas/E.D.M. C.B.Caselas/E.D.M.
Colexio Mariano Colexio Mariano
Los Sauces Los Sauces
Seis do Nadal C Seis do Nadal B
El Castro San Miguel Compañía de María B
C.B.Baiona Las Acacias
Colexio Andersen Calasancias
Salesianos Airexa Nigrán B
Divino Salvador R.C.Celta Maristas
Embrujo Céltico


Publicado por cbcaselas @ 13:19