Martes, 28 de octubre de 2008

 

Grande tarde de baloncesto en Salceda de Caselas.
Cun extraordinario ambiente e colorido, música e aplausos comezou o desfile e presentación dos xogadores un a un.
Coa presentación un ano máis do noso directivo Suso, foron saltando a pista os máis pequenos, Iniciación, pasando logo polos Benxamíns, Alevíns, Infantil Feminino, Masculino, Senior Masculino, Directiva e demáis persoas que traballan ou colaboran co deporte da canasta salcedense.
As máis de 250 persoas presentes na grada -non recordabamos unha entrada así- souberon agradecer cos seus ánimos e bullicios aos seus deportistas.
Posteriormente procedeuse a foto de familia e as fotos dos distintos equipos, que deron paso ao emocionante partido da segunda xornada Senior onde o Caselas venceu a S.José La Guía por 60-45.
Estiveron presentes entre outros, a totalidade da Xunta Directiva do C.B.Caselas, o representante das Escolas Deportivas Municipais Martín Acuña, a concelleira de cultura e deportes Tere Pérez e o alcalde da vila Marcos Besada.
Nos próximos días, na sección desta web "EQUIPOS", publicaremos as fotos e xogadores de cada un dos equipos.


TRIUNFO DO EQUIPO SENIOR PERANTE SAN JOSÉ DE LA GUÍA (60-45)

C.B.Caselas (60):  Javi (4), Toni (10), Víctor (8), Rubén (19) e Igor (8). QUINTETO. Aitor (2), Mateo (9), Juan (0). Tamén estiveron Mili, Iago e Yanko (lesionado).
Árbitros:  Sres.Marqués e Pazos, do colexio vigués.
Parciais:  12-8 / 16-12 / 14-12 / 18-13.
Incidencias: Máis de 250 espectadores no Pavillón de Salceda na tarde do domingo coincidindo coa presentación. Público extraordinario que non deixou de animar aos nosos, sobre todo os máis pequenos. Durante o partido sorteouse o xamón, da BODEGUILLA Z-9, un almorzo a base de callos, do BAR CLARÍN, varios regalos do novo DEPORTES GONZÁLEZ.

   Saiu moi concentrado o Caselas dende o primeiro minuto conscientes da victoria. O partido foi bastante igualado, co equipo de Jose Luis levando o mando e con curtas ventaxas. As fortes defensas predominaban sobre os ataques e así chegábase ao descanso cun curto 28-20.
Na segunda metade o Caselas seguiu coa súa forte defensa individual que lle provocou perdas de balón ao rival. En ataque conseguiuse unha maior fluidez. Ao contrario da semana pasada en Vigo, hoxe entraban as canastas de dous, cun porcentaxe de preto do 50% e con balóns para os pivots Toni, Victor e incluso Javi, que tiveron en fronte a pivots máis altos que eles.
Con todo, o Caselas conseguiu despegarse no marcador nos minutos finais, cun rival recén ascendido loitador e nada fácil.
Destacar tamén o gran papel do noso base Rubén, que tirou da súa veteranía culminando con 19 puntos, máximo anotador.
Ao final, ovación dos presentes e alegría dun Caselas que a falta de acoplar, transmite ilusión e optimismo.

CATEGORÍAS BASE
Infantil Masc:  CASELAS 21 ANDERSEN 54
Infantil Fem:  SEIS NADAL COIA "B" 40 CASELAS 12

FINAL COPA GALICIA CADEIRA DE RODAS:  ALDASA AMFIV VIGO 51 BASKETMI FERROL 26



Desfile de Iniciación, Benxamíns e Alevíns Mixto.


"Piqui" sauda as rapazas infantiles.


A directiva Natalia cos compañeiros do Senior.


Un momento do desfile. Os Senior e Infantiles con parte da directiva e autoridades.


O "speaker" e directivo Suso saúda por todo o alto a Yanko e cía.


Unión antes de empezar o partido.


Salto inicial co xogador de Salceda Javi tentando levar o balón.


Aitor dirixindo a nave do Caselas.


Os rapaces da canteira non pararon de animar. ¡Sensacionais!


Publicado por cbcaselas @ 23:53  | CRONICAS