Martes, 21 de octubre de 2008

OH! VIGO 64 C.B.CASELAS 37

C.B.Caselas(37): Toni (10), Víctor (0), Rubén (9), Igor (9) e Juan (0). QUINTETO. Javi (2), Aitor (4), Mili (2), Mateo (1) e Iago (0).
Parciais: 18-8, 16-10, 20-8, 10-11.
Incidencias: Pouco público no pavillón de Balaídos, con maioría de afecionados do Caselas, preto de dúas ducias.
   O Caselas, coa única baixa coñecida de Yanko, quixo pero non poido perante un equipo local moi alto -moitos xogadores de preto de dous metros- e veterano que controlou o ritmo do partido.
Unha das claves foi o escaso acerto anotador, con porcentaxes moi baixas tanto no tiro libre coma no de campo. Basta dicir que a primeira canasta de dous chegou no segundo cuarto.
Aínda así o equipo de Jose Luis mostrou unha actitude moi boa, especialmente en defensa, e loitou ata o minuto final.
Notouse a falta de rodaxe e adaptación dos novos xogadores, pero cremos que se irá solucionando co paso das xornadas.

CATEGORÍAS BASE:
Infantil Fem: CASELAS 48 CALASANCIAS VIGO 18
Infantil Masc: APÓSTOL 57 CASELAS 6


Publicado por cbcaselas @ 9:51  | CRONICAS