Xa coñecemos os calendarios para o Senior Masculino, Infantil Feminino e Masculino, que empezan todos o vindeiro 18 de outubro.
O Senior xogará na casa do Oh!Vigo. Na 2ª xornada nos visita o ascendido San José La Guía, e na 3ª visitaremos a cancha do actual campión de liga, o Arcade.
O Infantil Masculino xoga na casa do Colexio Apóstol, en Vigo. Na 2ª xornada recibe ao Andersen, e na 3ª visita ao Salesianos de Vigo.
O Infantil Feminino debuta en Salceda co Calasancias de Vigo. Na 2ª xornada visita ao Seis Nadal "B", e na 3ª recibe ao Airexa Nigrán "B".
Os calendarios completos pódense consultar no Menú Principal da nosa web: COMPETICIÓNS>>COMPETICIÓNS DOS NOSOS EQUIPOS e alí seleccionar a categoría correspondente. Nos próximos días daremos unha copia do calendario a cada xogador/-a.
REUNIÓNS COS XOGADORES E PAIS NO PAVILLÓN DE DEPORTES