S?bado, 27 de septiembre de 2008

Aquí tendes unha exposición breve das novas regras do baloncesto que entrarán en vigor esta temporada 08-09. Quedarán colgadas na sección "tablón de anuncios".


UNIFORMES

NON ESTÁ PERMITIDO

EMPREGAR CAMISETAS POR 

DEBAIXO DA DE XOGO

 

Non se poderá ver ningunha camiseta por

debaixo da de xogo, nin con certificado médico, nin sendo da mesma cor.

 

TODOS OS XOGADORES/AS

DEBEN LEVAR A CAMISOLA DE XOGO POR 

DENTRO DO PANTALÓN

 

 

LESIÓNS

  

UN EQUIPO QUE DISPOÑA DE 5 OU MENOS

XOGADORES:

 

 Si se lesiona algún xogador debemos agardar un

tempo prudencial a que se recupere e, aínda que

reciba asistencia, poderá incorporarse ao xogo sen ter

que agardar á seguinte situación de substitución. 

 

  

 

AVANCE ILEGAL 

 

 UN XOGADOR PODERÁ ESVARAR POLO CHAN CO CONTROL DO BALÓN OU ACADAR

O CONTROL DO MESMO AO LANZARSE E DESLIZARSE POLO CHAN, XA NON SERÁ

VIOLACIÓN.

 

É preciso aclarar que un xogador pode caer ao chan co control do balón, isto non son pasos. Do mesmo xeito, poderá

deslizarse. 

 

O que non pode facer é rodar, nin xirarse polo chan protexendo o balón, nin tampouco levantarse co balón agarrado 

( pode facelo botando).

 



8 SEGUNDOS

 

UN EQUIPO CON CONTROL DE BALÓN DISPÓN

DE 8 SEGUNDOS PARA FACELO, CHEGAR Á PISTA DE ATAQUE

Se o xogador que leva o balón vai regateando (botando) considérase que está na pista dianteira cando pasa os seus

dous pés e o balón á cancha de ataque.

 

 

  CAMPO ATRÁS

 

- UN EQUIPO CON CONTROL DE BALÓN E QUE É O DERRADEIRO EN TOCAR O BALÓN EN CAMPO DE

ATAQUE E O PRIMEIRO EN TOCALO EN PISTA DE DEFENSA COMETE CAMPO ATRÁS.

- NON SE APLICA CANDO ACADA UN NOVO CONTROL DO BALÓN NO AIRE E CAE NO CAMPO DE

DEFENSA.

- A UN XOGADOR QUE VAI REGATEANDO (BOTANDO) NON SE LLE CONSIDERA QUE ESTÁ NO CAMPO DE

ATAQUE ATA QUE NON PASE COS SEUS DOS PÉS E O BALÓN Á PISTA DIANTEIRA.

  

 

INTERFERENCIAS E INTERPOSICIÓN

   

  SE UN XOGADOR INTRODUCE A MAN

POR DEBAIXO DO ARO E TOCA O BALÓN 

DEBE CONCENDERSE CANASTRA, 

SEXA UN PASE, UN REBOTE OU UN LANZAMENTO

 

  SE O ATACANTE SE BENEFICIA AO AGARRARSE

DO ARO E ACADAR CANASTRA, DEBE ANULARSE

 

 
 

FALTA ANTIDEPORTIVA

  

  SITUACIÓNS DE CONTRAATAQUE,

DERRADEIRO DEFENSOR,

FALTA LATERAL OU POR DETRÁS

SERÁ FALTA ANTIDEPORTIVA.

 

  SAQUES DE BANDA CON RELOXO PARADO, 

SE HAI FALTA SEMPRE 

SERÁ ANTIDEPORTIVA

 


 

FALTA TÉCNICA

 

  USO DOS CÓBADOS: NOS REBOTES CANDO O XOGADOR

SAQUE OS CÓBADOS PARA PROTEXERSE, AINDA QUE NON    

EXISTA CONTACTO, SANCIONAMOS CON FALTA TÉCNICA (SEN   

AVISO PREVIO)

FALTA TÉCNICA

  SE HAI CONTACTO A FALTA É ANTIDEPORTIVA


Publicado por cbcaselas @ 0:43
Mi?rcoles, 24 de septiembre de 2008

- Senior:  Recórdase que deben traer a ficha cuberta, a fotocopia do DNI, e unha foto (dúas para os novos).

- Categorías Base: 
Deben entregar na oficina das Escolas Deportivas o impreso cuberto xunto coa documentación que alí se pide e o pago. O prazo é ata o 10 de outubro.

- Comezo das ligas:  Durante o mes de outubro se irán poñendo en marcha as distintas ligas da Delegación Viguesa de Baloncesto onde participarán os nosos equipos. Nas categorías base comezarán co "Torneo Apertura", unha liga clasificatoria para a Liga Galega e que durará ata xaneiro. O vindeiro Xoves 2 outubro serán as reunións de equipos na federación en Vigo para Infantil Masculino e Feminino. Ao día seguinte venres, Senior Masculino. Entón informaremos das novidades.


Publicado por cbcaselas @ 22:11
Domingo, 14 de septiembre de 2008

A Praza do Concello de Salceda acolleu unha grande tarde de minibásquet organizada polo noso clube e que contou coa colaboración do Concello e das catro pizzerías da vila.
A festa contou con máis de 50 xogadores, animados por un numeroso público e co gran traballo de toda a xente da organización. Participaron a maioría de rapaces xa inscritos na Escola Municipal de Baloncesto ademáis de outros que probaron o noso deporte, cumplíndose así un dos obxectivos que era o de promocionar o deporte da canasta. Durante toda a tarde disputáronse encontros en categorías Benxamín e Alevín, alternando con xogos e un partido Infantil, que tivo grande aceptación.
Sobre as 9 da tarde, pechouse a actividade coa degustación de pizzas, rematando así a festa.
Agradecer a excelente disposición da moitísima xente que colaborou en labores como árbitraxe, mesas, xogos, montaxe, megafonía, etc. Ademáis da directiva participaron xogadores senior, infantiles, ex-xogadoras, persoas achegadas ao clube, o GRUMIR e a xenerosidade das pizzerías do pobo, que nos deleitaron cunhas riquísimas pizzas.

Xogos dos Alevíns e Infantiles.


Fani dirixe o "pañuelito" nos Benxamíns.


Os xogadores Senior Iago e Rubén dirixindo a un grupo Alevín.


Baloncesto en estado puro nos Alevíns.


Os máis pequechos nos alegraron a tarde cos seus coñecementos.


¿Onde está o balón?


Os/as Infantiles tamén tiveron o seu partidiño.


A ex-xogadora do clube Laura e o xogador Senior Mili tamén colaboraron levando un grupo de Infantiles. Os dous están recuperándose das súas lesións.


¡Todos a repoñer forzas! As pizzas deleitaron aos xovencísimos deportistas.


As Alevíns Iria, Andrea, Blanca e Laura posan para a nosa web.


Publicado por cbcaselas @ 23:53  | TORNEOS E ACTOS
Martes, 09 de septiembre de 2008

SÁBADO  13  SETEMBRO    5  DA TARDE

SALCEDA DE CASELAS


Poderán anotarse tódolos nenos e nenas de 1º a 6º de Primaria, aínda que non practiquen baloncesto.

 

A inscripción farase no momento do torneo e os equipos serán feitos pola organización en dúas categorías:

ALEVÍN MIXTO  (anos 97-98)

BENXAMÍN MIXTO  (anos 99-00-01-02)

 

Durante a xornada, xogaranse partidos e faranse outras actividades sorpresa.

 

Disfrutaredes dunha xornada totalmente lúdica, sen resultados, e que será unha festa para o noso baloncesto.

 

SOBRE AS 7 DA TARDE, HABERÁ UN PARTIDO PARA

OS XOGADORES/-AS DE CATEGORÍA INFANTIL QUE QUEIRAN.
 

Organiza:
CLUB BALONCESTO CASELAS
Colaboran:
CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS - Concellería de Cultura, Mocidade, Normalización Linguística e Deportes
PIZZERÍA LARRAMA  (986.347625)
PIZZERÍA LA PALADAR  (986.349784)
PIZZA PLUS  (986.349689)
PIZZERÍA D`CAMILO  (986.340661)


Publicado por cbcaselas @ 22:39  | TORNEOS E ACTOS

Xa está na rúa o Boletín Informativo Nº29 do Club Baloncesto Caselas. Informamos sobre as distintas novidades e actividades de inicio de temporada.


Publicado por cbcaselas @ 0:15
Mi?rcoles, 03 de septiembre de 2008

O vindeiro fin de semana -sábado 5 e domingo 6 de setembro- celébrase a famosa "Festa dos Callos" de Salceda de Caselas. O C.B.Caselas aproveitará a ocasión un ano máis para dar a coñecer todo o relacionado coa entidade nunha caseta instalada na Praza do Concello. Alí, durante a mañán do domingo, a xente poderá visitar libremente os paneis con fotos, historia, trofeos, equipacións, carteis, etc. Tamén se poderá mercar a Lotería de Nadal, onde voltamos a xogar o número correspondente a data da nosa fundación (18-9-90): 18990. As participacións son de 5 Euros (4 polo número e 1 euro para unha cesta de nadal).
Xa sabedes, ¡facédenos unha visita e disfrutade da festa!


Publicado por cbcaselas @ 0:23  | TORNEOS E ACTOS


O Alevín Mixto ás ordes de Carlos. Ao fondo, as Benxamíns de Natalia.

Tódolos equipos do clube e escolas reencontráronse o pasado día 1 de setembro na primeira sesión de entreno. Ilusión, traballo e moitas gañas de verse, sobre todo o máis pequenos, foron as tónicas desta xornada de "toma de contacto".

VETERANÍA E XUVENTUDE NO CASELAS SENIOR
Baixo as órdenes de Jose Luis Pérez, saltaba a pista as 9:30 da noite o equipo senior. A plantilla non quedará definida ata finais de mes ou principios de outubro. Nun principio e salvo novidades, seguen os bases Saspi e Rubén, os aleiros Iago e Fontán, o ala pivot Yanko, aínda recuperándose da dura lesión, e os pivots Toni e Víctor. É dúbida o escolta Xavi Anglada por doble motivo: lesión nunha rodilla que lle impide esforzo prolongado, e motivos laborais. Dende o clube se agradece o seu esforzo e profesionalidade para incorporarse, pero respetarase a decisión final do xogador de Menorca.
Ademáis destes que continúan do ano pasado, hai un grupo de voluntariosos xogadores (moitos deles do pobo de Salceda) dispostos a formar parte dun proxecto ante todo serio, para o cal se require o traballo de xogadores, entrenador e directiva. O equipo está aberto a incorporación de novos xogadores. Irase dando conta dos fichaxes nesta web.

O primeiro equipo con Iago Suárez co balón.


Publicado por cbcaselas @ 0:06