A Praza do Concello de Salceda acolleu unha grande tarde de minibásquet organizada polo noso clube e que contou coa colaboración do Concello e das catro pizzerías da vila.
A festa contou con máis de 50 xogadores, animados por un numeroso público e co gran traballo de toda a xente da organización. Participaron a maioría de rapaces xa inscritos na Escola Municipal de Baloncesto ademáis de outros que probaron o noso deporte, cumplíndose así un dos obxectivos que era o de promocionar o deporte da canasta. Durante toda a tarde disputáronse encontros en categorías Benxamín e Alevín, alternando con xogos e un partido Infantil, que tivo grande aceptación.
Sobre as 9 da tarde, pechouse a actividade coa degustación de pizzas, rematando así a festa.
Agradecer a excelente disposición da moitísima xente que colaborou en labores como árbitraxe, mesas, xogos, montaxe, megafonía, etc. Ademáis da directiva participaron xogadores senior, infantiles, ex-xogadoras, persoas achegadas ao clube, o GRUMIR e a xenerosidade das pizzerías do pobo, que nos deleitaron cunhas riquísimas pizzas.
Xogos dos Alevíns e Infantiles.
Fani dirixe o "pañuelito" nos Benxamíns.
Os xogadores Senior Iago e Rubén dirixindo a un grupo Alevín.
Baloncesto en estado puro nos Alevíns.
Os máis pequechos nos alegraron a tarde cos seus coñecementos.
¿Onde está o balón?
Os/as Infantiles tamén tiveron o seu partidiño.
A ex-xogadora do clube Laura e o xogador Senior Mili tamén colaboraron levando un grupo de Infantiles. Os dous están recuperándose das súas lesións.
¡Todos a repoñer forzas! As pizzas deleitaron aos xovencísimos deportistas.
As Alevíns Iria, Andrea, Blanca e Laura posan para a nosa web.