Domingo, 17 de agosto de 2008


NOTA:  O HORARIO INFANTIL MASCULINO E FEMININO PODERÍA VARIAR DURANTE SETEMBRO, TENDO QUE REPARTIRSE ENTRE OS PAVILLÓNS DE SALCEDA E PARDERRUBIAS.

Publicado por cbcaselas @ 17:04

O Club Baloncesto Caselas e as Escolas Deportivas Municipais dan case por pechado o cadro de entrenadores para a presente temporada. Poderíase incorporar algún máis para os máis pequenos, pero vai ser difícil  pola dificultar de atopar unha persoa dispoñible e polas posibilidades económicas.
Tódolos equipos voltarán aos entrenamentos o Luns 1 de setembro e se estudiaría esa posibilidade segundo a demanda.
Cabe destacar o grande esforzo de directiva e escola municipal para cubrir este cadro.
A previsión inicial de equipos e entrenadores é a seguinte:

  • Senior Masculino: Jose Luis Pérez.
  • Infantil Masculino: Carlos Rodríguez.
  • Infantil Feminino: Manolo González.
  • Alevín Mixto: Carlos Rodríguez.
  • Benxamín Mixto: Natalia López.


CARLOS RODRÍGUEZ, NOVO ENTRENADOR PARA AS CATEGORÍAS BASE
Perante a marcha de varios entrenadores da temporada pasada por motivos laborais, dende inicio de verán fichouse a un entrenador que se encargará dos equipos Infantil Masculino e Alevín Mixto. Trátase de Carlos Rodríguez, un home de 34 anos de Porriño irmán do noso xogador senior Rubén. Carlos posee gran experiencia en practicamente tódalas categorías do Baloncesto Porriño. Neste pasado ano adestrou aos junior e infantiles do Tui. Dende o clube, agradecemos a súa excelente dispoñibilidade para fichar por nós e dámoslle a benvida.


Publicado por cbcaselas @ 16:57
Mi?rcoles, 13 de agosto de 2008

Nuns días teredes información da nova temporada, como inicio de entrenos, horarios, entrenadores, etc. A directiva traballa nestas datas na planificación e detalles.


Publicado por cbcaselas @ 17:44