O vindeiro
sábado 8 de setembro a partir das 6 da tarde na Praza do Concello de Salceda, celebrarase un popular Torneo de Minibásquet. Poderán anotarse tódolos nenos e nenas de 2º a 6º de Primaria (nacidos nos anos 1996-97-98-99-00), aínda que non practiquen baloncesto. A inscripción farase no momento do torneo e os equipos serán feitos pola organización en dúas categorías:
ALEVÍN MIXTO(anos 96-97).
BENXAMÍN MIXTO(anos 98-99-00).
O Club Baloncesto Caselas invita a tódolos rapaces a participar nun torneo totalmente lúdico e que será unha festa para o noso baloncesto.
O principal obxectivo é o de captar novos xogadores para as categorías de base de cara a participación en Liga Provincial, onde comenzarán os entrenamentos o Luns 3 de setembro as 16:30 h no Pavillón de Salceda (os entrenos serán Luns e Xoves).
Organiza: CLUB BALONCESTO CASELAS
Colabora: CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS